Dirty Three é unha banda australiana de rock instrumental procedente de Melbourne e formada no ano 1992. Está composta por Warren Ellis (violín e baixo), Mick Turner (guitarra eléctrica e baixo) e Jim White (batería). O seu cuarto álbum, Horse Stories (1996), foi elixido pola revista estadounidense Rolling Stone como un dos tres mellores discos do ano, e dous dos seus traballos acadaron o top 50 da australiana ARIA Albums Chart, Ocean Songs (1998) e Toward the Low Sun (2012). Durante a súa carreira pasaron moito do seu tempo fóra do seu país, e cando non tocan xuntos Turner vive en Melbourne, White en Nova York, e Ellis en París.
Discografía Álbum Ano Selo Dirty Three 1993 Scuzz Production Dirty Three 1994 Torn & Frayed Sad & Dangerous 1994 Torn & Frayed Horse Stories 1996 Anchor & Hope Ocean Songs 1998 Anchor & Hope Lowlands 2000 Anchor & Hope Whatever You Love, You Are 2000 Anchor & Hope She Has No Strings Apollo 2003 Anchor & Hope Cinder 2005 Anchor & Hope Toward the Low Sun 2012 Anchor & Hope Love Changes Everything 2024 Anchor & Hope
Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais de rock instrumental Categoría:Grupos musicais formados en 1992