Quintáns é unha aldea da parroquia de Treos, no concello coruñés de Vimianzo. Dista 8 km da capital do concello e nela estaban censados 134 habitantes en 2004. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 107 habitantes, sendo 52 homes e 55 mulleres.
Coma noutras parroquias e aldeas do municipio, pódense atopar edificacións pertencentes á nobreza coma A Casa dos Calzada.
Lugares e parroquias Lugares de Treos
Parroquias de Vimianzo
Quintans