Ben-Hur é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1959. Baséase na obra de Lew Wallace Ben-Hur: A Tale of the Christ. Filme gañador de 11 Premios Oscar, entre eles os de mellor filme, director e actor.
Estreouse en galego na TVG o 24 de decembro de 1988.La Voz de Galicia, 24 de decembro de 1988. Páx. 143
Sinopse Judá Ben-Hur (Charlton Heston), fillo dunha familia nobre de Xerusalén, e Mesala (Stephen Boyd), tribuno romano que dirixe os exércitos de ocupación, son dous vellos amigos, pero un accidente involuntario convérteos en inimigos irreconciliables: Ben-Hur é acusado de atentar contra a vida do novo gobernador romano, e Mesala encarcérao a el e á súa familia. Cando Ben-Hur é trasladado a galeras para cumprir a súa condena, Xesús de Nazaret apiádase del e dálle de beber. Unha vez a bordo, grazas á súa amigable relación co comandante da nave (Jack Hawkins) recupera a liberdade. Máis tarde, entrará en contacto cun xeque árabe (Hugh Griffith) que participa cos seus magníficos cabalos nas carreiras de carros do circo.
Personaxes Charlton Heston como Judah Ben-Hur Jack Hawkins como Quintus Arrius Haya Harareet como Esther Stephen Boyd como Messala Hugh Griffith como Sheik Ilderim Martha Scott como Miriam Cathy O'Donnell como Tirzah Sam Jaffe como Simonides Finlay Currie como Balthasar e o Narrador Frank Thring como Poncio Pilatos Terence Longdon como Drusus George Relph como Tiberius Caesar André Morell como Sextus Claude Heater como Xesús de Nazaret
Galardóns e nomeamentos 1959: 11 Oscars, incluíndo filme, director, actor (Charlton Heston), actor secundario (Griffith) e montaxe. 1959: Globo de Ouro: Mellor filme: Drama. 1959: BAFTA: Mellor filme. 1959: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme. 1960: Premios David di Donatello: Mellor actor (Charlton Heston) e produción estranxeiros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Wyler Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes sobre cristianismo Categoría:Filmes ambientados no século I Categoría:Filmes ambientados no Imperio Romano Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego