Xurxo Miguel Ayán Vila, nado en Lugo o 5 de novembro de 1976, é un arqueólogo e investigador galego.
Traxectoria Sempre estivo moi ligado á Pobra do Brollón (Cereixa), a terra dos seus pais. Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e licenciouse con premio extraordinario en Historia na Universidade de Santiago, facendo tamén a tese de doutoramento coa que conseguiu un premio da Deputación de Pontevedra á mellor tese de humanidades en 2012. Arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC de Santiago de Compostela). Desenvolve o seu traballo técnico en tres eidos fundamentais: a avaliación e corrección de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas, a posta en valor do patrimonio e a difusión e divulgación do coñecemento arqueolóxico. A nivel de investigación básica traballa en Arqueoloxía da Arquitectura, en Arqueoloxía de Idade de ferro e en Etnoarqueoloxía.
Gañou un contrato postdoutoral do Programa Juan de la Cierva na Universidade do País Vasco (2014-2017).Gozou dun contrato posdoutoral da Fundación Portuguesa para a Ciencia e a Tecnoloxía na Universidade Nova de Lisboa e dirixiu o proxecto Arqueologia do Estado Novo. Foi investigador convidado na School of Advanced Research (USA), na Academia das Ciencias de Hungría e a Universidade de Binghamton (Nova York, USA).
Pola súa vez, é autor dun cento de artigos científicos en revistas e relatorios en congresos nacionais e internacionais, participando en diferentes proxectos. Colabora tamén con diversos medios, como o portal Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, o xornal Certo e Galicia Confidencial. Tamén publicou en prestixiosas críticas como World Archeology, Journal of Contemporary Archaeology and Archeologies.
Codirixe desde 2014 o proxecto International Brigades Archaeological Project e dirixe desde 2016 Arqueología de la guerra civil y socialización del patrimonio en el monte de San Pedro (Amurrio), Recuperación e posta en valor do castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón) e Adegas da Memoria.
Obra en galego Ensaio Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2012). 2.0 editora. Xunto a Manuel Gago Mariño. Onde as rúas non teñen nome (2020). Ed. Positivas. 260 páxs. ISBN 978-84-122421-6-4.
Edición
Repil. 20 de abril de 1949 (2025). Edición de Xurxo Ayán e Olga Novo. Ed. Positivas. 340 páxs. ISBN 978-84-128055-7-4. Limiar de Alfredo González-Ruibal.
Obra en castelán Ensaio La arqueología en la gasificación de Galicia 6: estudios de evaluación de impacto (1999). USC. ISBN 84-8416-925-1. Arqueotectura 2: la vivienda castreña : propuesta de reconstrucción en el Castro de Elviña (2001). Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais, IIT, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-699-6763-0. Plan director del castro de Punta dos Prados (Ortigueira, A Coruña) (2004). USC. Con Carlos Otero Vilariño. ISBN 84-688-6348-3. Casa, Familia y Comunidad en la edad del Hierro del NW (2012). Redelibros. Tese de doutoramento. Altamira vista por los españoles (2015). Jas Arqueología Editorial. 312 páxs. ISBN 978-8494436826. Arqueología. Una introducción a la materialidad del pasado (2018). Alianza Editorial. Con Alfredo González Ruibal. 552 páxs. ISBN 978-8491812357.
Libros colectivos
Rochaforte (2013). Concello de Santiago de Compostela. De la ocultación de las fosas a las exhumaciones. La represión franquista en el entorno del Campo de Concentración de Castuera (2013). Asociación Memorial Campo de Concentración de Castuera. ISBN 978-84-695-7917-6. Galaicos: un pueblo entre dos mundos (2018). Alvarellos. 180 páxs.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog persoal do autor Blog de Arqueoneixón Entrevista no xornal Certo
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela