Núria de Gispert i Català, nada en Barcelona o 6 de abril de 1949, é unha política e avogada catalá, foi presidenta do Parlamento de Cataluña entre 2010 e 2015.

Traxectoria Núria de Gispert i Català é a filla do tamén político e avogado Ignasi de Gispert i Jordà, e descendente da insigne benfeitora Dorotea de Chopitea. De Gispert licenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona. Ten o título de interpretación xurada polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Exerceu de avogada desde 1971 ata 1973. Ademais, foi funcionaria da Deputación de Barcelona desde 1974 a 1980.

Foi militante da Unió Democràtica de Catalunya desde 1986 e membro da Federación de Convergència i Unió e tras a súa separación de UDC e CDC foi unha das fundadoras de Demòcrates de Catalunya. Foi secretaria xeral de Xustiza e de Gobernación desde 1984 a 1993 e vicepresidenta do Comité Director para a Organización da Administración da Generalitat de Cataluña desde 1993 ata o 1994. É vicepresidenta de Relacións Institucionais do Comité de Goberno de UDC e membro do Consello Nacional.

No Goberno de Cataluña 1992-1995 presidido por Jordi Pujol, foi nomeada conselleira de Xustiza en substitución de Antoni Isac i Aguilar nunha remodelación do goberno que se produciu o 1 de xaneiro de 1995. No Goberno de Cataluña 1995-1999 e Goberno de Cataluña 1999-2003, continuou no cargo da consellería de Xustiza pero tras os axustes no goberno que houbo o 5 de febreiro de 2001, foi nomeada conselleira de Gobernación substituíndo a Josep Antoni Duran i Lleida. Estivo un ano na consellería ata que nunha nova remodelación do goberno, foi nomeada Xustiza e Interior (unificando os dous departamentos). presidiu a parte catalá da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Generalitat e foi relatora do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006.

Foi elixida deputada no Parlamento de Cataluña nas eleccións do 2003, as de 2006 e as do 2010.

Polo seu labor como avogada, recibiu a Cruz de honra de Sant Raimon de Penyafort (1998), a Cruz ao Mérito ao Servizo da Avogacía Española (2002) e a Medalla do Colexio de Avogados de Barcelona (2004). É colexiada, sen exercicio, do Colexio de Avogados de Barcelona. É membro da Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Cataluña desde 2006 e defensora do mutualista da Mutua dos Avogados (2005).

Durante a campaña electoral das eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010, fíxose público que se CiU tiña unha ampla maioría na cámara catalá, sería elixida como presidenta do Parlamento.Mas di que, se goberna CiU, Núria de Gispert será a presidenta do Parlament .

O 16 de decembro de 2010, foi elixida presidenta do Parlamento de Cataluña na sesión constitutiva da cámara para a IX lexislatura, sendo a primeira muller en ocupar este cargo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Deputada no sitio web do Parlament

Categoría:Avogados Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Políticos de CiU Categoría:Presidentes do Parlamento de Cataluña Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Barcelona