A dos lámnidos (Lamnidae) é unha familia de condrictios elasmobranquios da orde dos lamniformes (Lamniformes) que inclúe cinco especies de tiburóns, entre as que destacan o tiburón branco e os marraxos.Froese e Pauly (2009, Op. cit.
Características Os lámnidos caracterízanse polo seu corpo fusiforme, moi hidrodinámico, fociño cónico, dentes separados á mesma distancia os uns dos outros, fendeduras branquiais longas, por teren a mesma forma característica da primeira aleta dorsal, a segunda aleta dorsal pequena e dun tamaño aproximado ao da anal.
Os dentes son triangulares e afiados, semellantes a unha daga e os ollos arredondados, de cor negra uniforme e sen membrana nictitante.
A cola presenta unha especie de "quilla" nos laterais, e o lóbulo inferior da aleta caudal é máis da metade de longo que o lóbulo superior.
O metabolismo interno está bastante desenvolvido, o que lles permite manter a temperatura corporal entre 10 e 18 °C, posibilitando asílo que estes tiburóns poidan vivir en augas temperado-frías (aínda que non en zonas realmente frías como as polares).
Son ovovivíparos.
Diversidade Os lámnidos inclúen cinco especies viventes, englobadas en tres xéneros:
O xénero Isurus ten dúas especies: o marraxo azul (Isurus oxyrinchus) e o marraxo azul pequeno (Isurus paucus).
O xénero Lamna con outras dúas: o marraxo propiamente dito (Lamna nasus) e marraxo do Pacífico (Lamna ditropis).
Finalmente, Carcharodon é o único xénero que conta cunha soa especie, o famoso tiburón branco (Carcharodon carcharias). thumb|240px|Debuxo dun marraxo (Lamna nasus).
Os lámnidos aparecen representados no rexistro fósil xa no cretáceo, e sempre foron superdepredadores doutros vertebrados mariños, alcanzando nalgúns casos dimensións realmente xigantescas como Cretoxyrhina (do cretáceo, 8 m) e sobre todo Carcharodon megalodon (ou Carcharocles megalodon) (do neóxeno, até 24 m). Na actualidade, o tiburón branco é o seu maior representante, con case 8 m de lonxitude máxima recoñecida cientificamente,Carcharodon carcharias en FishBase. Versión 7 de xaneiro de 2012. Consultada o 25/11/2012. só superado entre os tiburóns actuais por animais filtradores, como o tiburón balea ou o tiburón peregrino.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Tiburóns Lamniformes
Ligazóns externas Lamnidae en Animal Diversity Web. Consultada o 25/11/2012. Lamnidae'' en ITIS. Consultada o 12/02/2021.
Categoría:Lamniformes