Holanda do Norte (neerlandés: Noord-Holland) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Está situada no noroeste do país e a súa capital provincial é de Haarlem. A cidade máis importante da rexión, e capital do país, é Ámsterdan.

Xeografía Holanda Setentrional é unha gran península entre o Mar do Norte e o IJsselmeer. Máis da metade da provincia consiste en terras gañadas ao mar, ou pólder, situadas baixo o nivel do mar.

As cidades máis grandes da provincia son Ámsterdan, Haarlem, Hilversum, Den Helder, Alkmaar, Zaandam e Hoorn. A illa de Texel é tamén parte de holanda Setentrional, e ten invitado ás illas de Bonaire, Saba e Santo Eustaquio nas Antillas Neerlandesas para que formen parte do Estado, máis ningunha decisión se ten tomado até o momento.

Holanda Setentrional constitúe unha rexión do sistema de códigos da Organización Internacional para a Estandarización, co código ISO 3166-2: NL-NH.

Historia As provincias de Holanda Setentrional e Holanda Meridional naceron en 1840 da división da antiga provincia de Holanda. En 1940 cedeu as illas de Vlieland e Terschelling á provincia de Frisia. En 1950, a antiga illa de Urk cedeuse á provincia de Overijssel. Na época das Provincias Unidas, a provincia de Holanda recibía o nome de provincia de Holanda e Frisia Occidental, en referencia á conquista desa parte de Frisia na Idade Media. O escudo de Holanda Setentrional aínda consiste nas armas de Holanda e Frisia combinadas.

Municipios Holanda Setentrional divídese en 48 municipios:

Aalsmeer Alkmaar1 Amstelveen Ámsterdam Beemster Bergen Beverwijk Blaricum Bloemendaal Castricum Den Helder Diemen Drechterland1 Edam-Volendam Enkhuizen1 Gooise Meren Haarlem Haarlemmerliede en Spaarnwoude Haarlemmermeer Heemskerk Heemstede Heerhugowaard1 Heiloo Hilversum Hollands Kroon1 Hoorn1 Huizen Koggenland1 Landsmeer Langedijk1 Laren Medemblik1 Oostzaan Opmeer1 Ouder-Amstel Purmerend Schagen1 Stede Broec1 Texel Uitgeest Uithoorn Velsen Waterland Weesp Wijdemeren Wormerland Zaanstad Zandvoort

1 Municipios de Frisia Occidental

Frisia Occidental Frisia Occidental é unha rexión de Holanda Setentrional (non da provincia de Frisia). Componse dos municipios de Alkmaar, Andijk, Drechterland, Enkhuizen, Harenkarspel, Heerhugowaard, Hoorn, Langedijk, Medemblik, Niedorp, Noorder-Koggenland, Obdam, Opmeer, Schagen, Stede Broec, Wervershoof, Wester-Koggenland e Wognum.

Véxase tamén

Outros artigos Provincias dos Países Baixos

Ligazóns externas O Sitio Web da provincia Información básica Mapa da provincia cos seus municipios e ligazóns de cada un a unha páxina con información básica Oficina provincial de turismo Haarlem Shuffle Sitio con información en inglés sobre a capital provincial de Holanda Setentrional

Categoría:Provincias dos Países Baixos