Alfredo Serantes Morais, finado en Ourense en 1979, foi un político galego.
Traxectoria Fillo do maxistrado e fiscal Adolfo Serantes Feijóo e de Modesta Morais. Xefe de Correos de Ourense. Foi nomeado alcalde de Ourense en setembro de 1944,El Correo Gallego, 15-9-1944, p. 3. permanecendo no cargo até 1948, foi procurador nas Cortes Españolas representante dos concellos da provincia de Ourense durante a primeira lexislatura do período franquista (1944-1946). Foi nomeado Administrador principal de Correos de Ourense en 1956.La Región, 4-11-1956, p. 2. Xubilouse como xefe superior de Administración en xuño de 1959.El Pueblo Gallego, 10-6-1959, p. 10.
Notas
Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Finados en 1979