O ácido araquídicoChemSpider Arachic acid, tamén chamado ácido eicosanoico ou ácido icosanoico, é un ácido graxo saturado de 20 átomos de carbono. É un constituínte menor do aceite de cacahuete (Arachis hypogaea), no que supón do 1,1% ao 1,7%, e do aceite de millo, no que supón o 3%.U.S. Department of Agriculture, Agricultural Research Service. 2007. USDA National Nutrient Database for Standard Reference, Release 20. Nutrient Data Laboratory Home Page O seu nome deriva do latín arachis, cacahuete. Os seus sales e ésteres son os araquidatos. Pode formarse por hidroxenación do ácido araquidónico.

A redución do ácido araquídico rende alcohol araquidílico.

O ácido araquídico utilízase para a produción de deterxentes, materiais fotográficos e lubricantes. Utilízase como película orgánica fina na produción de cristais líquidos con múltiples aplicacións técnicas.CHEBI arachidic acid

Notas

Categoría:Ácidos graxos Categoría:Ácidos carboxílicos