J´en ai marre (en galego: Estou farta!) foi o primeiro sinxelo do álbum Mes Courants Électriques de Alizée, o cal destacou nas listas de vendas francesas, nas que chegou ao cuarto lugar. Vendéronse máis de 200.000 copias, polo que obtivo o disco de ouro. Porén, non tivo tanto éxito como outros sinxelos do álbum anterior, Gourmandises. A canción tivo éxito e por iso os deseñadores do xogo World of Warcraft utilizaron parte da coreografía para o baile dunha das razas, chamada Elfas da noite.

Vídeo No vídeo vese como Alizée non pode saír dos seus límites, atrapada en paredes de vidro. Ela goza coa auga. Logo rompe o vidro, co significado de que xa non se deixa manipular.

J'en ai marre contou cunha versión internacional en inglés titulada "I'm Fed Up!". No Xapón chamouse "Mon bain de mousse".

Versión 2008 No ano 2008 Alizée sacou unha versión nova desta canción, que se cantou por primeira vez o 18 de maio. Esta versión foi a utilizada durante o Psychédélices Tour en Rusia e México.

Formatos

CD sinxelo en francés J'en ai marre 4:35 J'en ai marre (Instrumental Mix) 5:05

CD maxisingle en francés J'en ai marre (versión single) 4:35 J'en ai marre (Soft Skin Club Mix) 7:40 J'en ai marre (Bubbly Club Remix) 7:50 J'en ai marre (My Goldfish is Under me Remix) 3:40

Sixelo en vinilo de 12" en francés Cara A: J'en ai marre (Soft Skin Club Mix) 7:40

Cara B: J'en ai marre (Bubbly Club Remix) 7:50 J'en ai marre (My Goldfish is Under me Remix) 3:40

Listas de éxitos e vendas

Listas de éxitos (2003)MellorposiciónAustralia43Bélxica (Flandres)18Bélxica (Valonia)5Francia4Alemaña21Hungría40Italia23Suecia57Suíza5

Vendas PaísCertificaciónVendas Francia20pxDisco de diamante256.000

Categoría:Sinxelos de 2003 Categoría:Alizée