Augusto García Sánchez, finado en Pontevedra en abril de 1978, foi un químico e político galego.
Traxectoria En 1935 comezou os estudos de Química na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1942. Foi decano do Colexio de Químicos de Galicia, e alcalde de Pontevedra do 16 de maio de 1970 ao 1 de febreiro de 1974.
En 1934 participou como alumno do Instituto de Pontevedra na representación da obra Sinxebra de Armando Cotarelo Valledor. As súas inquedanzas musicais levárono a ser director do Conservatorio e Presidente da Coral Polifónica de Pontevedra e a Sociedade Filharmónica.
Vida persoal En 1945 casou con María Luisa Limeses Cotarelo.. Foi pai de seis fillos, entre eles Pedro, Miguel e Luis García Limeses
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Augusto García Sánchez e Xeneral Rubín
Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes