Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2025 o concello tiña 100.965 habitantes. O seu xentilicio é «» ou tamén «», e máis popularmente «picheleiro».
Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.
A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o cuarto concello galego despois de Vigo, A Coruña e Ourense. Posúe unha densidade de poboación de 457,68 hab./km² (2025), e unha superficie de 220,6 km².
Orixe e historia
No territorio que actualmente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano que se tende a identificar coa mansión romana de Aseconia (esta mansión existiu entre a segunda metade do século I e o século V). O poboado desapareceu pero permaneceu unha necrópole que tivo uso quizais ata o século VII.
O nacemento de Santiago, como se sabe agora, está ligado á presumible descuberta dos restos do Apóstolo Santiago entre o 820 e o 835. O seu desenvolvemento débese á elevación ao rango relixioso dos restos, á Universidade e, na actualidade, á capitalidade de Galicia. miniatura|Estatua en Compostela de Afonso II, quen peregrinou a Santiago.|esquerda|267x267px Na Concordia de Antealtares (1077) aparece por primeira vez a tradición medieval segundo a cal o eremita Paio, alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón, avisou o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen descubriu os restos de Santiago o Maior e de dous dos seus discípulos, no lugar no que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir de Campus Stellae, isto é "campo de estrelas"; ou máis probabelmente de Composita Tella, "terras ben axeitadas", eufemismo por cemiterio; ou mesmo de "[Ja]Com[e A]postol[u]". O nome tamén se ten relacionado co hipocorístico Compostela, correspondente ao diminutivo de Composta. A descuberta propiciou que Afonso II, necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unha peregrinación ao lugar. A nova que dela fixo, tanto no seu reino como fóra del, axudou a que Compostela aparecese como un novo lugar de peregrinación da cristiandade, nun momento no que a importancia de Roma decaera e Xerusalén non era accesible por estar en poder dos musulmáns.
Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade. Primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados, formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares. Espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, a maioría procedente das aldeas próximas, que foi aumentando ao tempo que crecía por todo o occidente peninsular a peregrinación a Compostela, reforzada polo privilexio concedido por Ordoño II no ano 915 polo que se establecía que calquera que permanecese corenta días sen ser reclamado como servo, pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela.
Lugar de coroación de monarcas do Reino de Galicia e do Reino de León, a cidade foi destruída por Almanzor o 10 de agosto do ano 997 quen, segundo a lenda popular,CHAMOSO LAMAS, Manuel: La Catedral de Santiago de Compostela. Editorial Everest, León, 1976. tan só respectou o sartego do apóstolo. Tras a volta dos habitantes comezou a reconstrución. A mediados do século XI o bispo Cresconio dotou a cidade dun cinto de foxos e dunha muralla como medida defensiva. No ano 1075 o bispo Diego Páez deu comezo á construción da catedral románica.miniatura|esquerda|Fachada da Catedral desde a praza do Obradoiro.|200x200pxO incremento da peregrinación fai de Compostela un importante lugar de referencia relixiosa en Europa, aumentando tamén a súa importancia política. Durante o pontificado do Arcebispo Diego Xelmírez, en 1120, a igrexa compostelá viuse recompensada coa concesión da categoría de metropolitana. Tamén en tempos de Xelmírez tiveron gran repercusión na cidade unha serie de revoltas urbanas, en 1116 e 1136. Entre os séculos XII e XIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado.
A chegada da Peste Negra a mediados do século XIV supuxo unha forte recesión demográfica. A poboación recupérase a partir de 1380, e no século XV a cidade xa tiña entre catro e cinco mil habitantes. A fundación da Universidade a finais do século XV e o arcebispo Alonso III de Fonseca danlle a Santiago un novo pulo que atrae a novos poboadores, principalmente de Galicia.
O estatuto de autonomía de Galicia estableceu a capitalidade galega en Santiago de Compostela. Como consecuencia, a cidade sufriu a finais do século XX un considerable aumento de poboación e unha profunda transformación.
É Patrimonio da Humanidade e foi Capital Europea da Cultura no 2000.
Demografía
Censo total en 2014 95.800 habitantes Menores de 30 anos 12.801 (13.36 %) Entre 30 e 64 anos 63.967 (66.77 %) Maiores de 65 anos 19.032 (19.86 %) A cidade contaba en 2013 con 96.041 habitantes. Destes, 50.974 naceran na cidade, 20.141 noutro municipio da Coruña, 11.139 noutra provincia galega, 5.217 noutra comunidade autónoma e 8.200 no estranxeiro. A taxa de natalidade é do 8,91‰ e a de mortalidade do 8,95‰, o que provoca un crecemento vexetativo negativo.
En canto á distribución por sexos, Santiago ten 44.497 homes e 51.174 mulleres. Por idades, a xuventude (0-29 anos) representa o 28% da poboación (26.628), a maior parte da poboación é adulta (30-64 anos), o 53% (50.918), e os anciáns (máis de 65 anos) supoñen o 19% (18.125). Por sexos e idades, hai practicamente o mesmo número de mozos que de mozas, 13.320 fronte a 13.308, entre os adultos hai máis mulleres ca homes, 26.054 (53%) fronte a 23.964 (47%), e entre os maiores de 65 anos tamén hai maioría feminina, con 10.912 (60%) mulleres fronte a 7.213 (40%) homes. A densidade de poboación é de 432,74 habitantes/km². A poboación da comarca (sen contar o municipio de Santiago) é de 68.848 persoas, distribuídas en seis concellos: Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra.
Movementos migratorios En Santiago hai 4.256 estranxeiros (4,5% do total da poboación), dos cales a maioría veñen de América (2.334, 54,8% do total de inmigrantes), seguidos por inmigrantes europeos (1.325, 31,1% do total de inmigrantes), asiáticos (306, 7,2% do total de inmigrantes) e africanos (274, 6,4% do total de inmigrantes). Por países destaca especialmente a presenza de portugueses (405) brasileiros (361), colombianos (256), paraguaios (238) e italianos (217). Ademais de recibir inmigrantes, da cidade tamén saen persoas, concretamente entre o 2010 e o 2012 marcharon de Santiago case 9.000 persoas, a maioría, 4.500, trasladáronse a outro concello da Coruña, seguidos polos que se mudaron a outra provincia galega, 1120, os que se trasladaron a outro país, 1110, e os que cambiaron de comunidade autónoma, 1060.
Evolución histórica da poboación Aquí amósase unha gráfica coa evolución da poboación no concello.
Política e goberno
Administración local Vexa o artigo principal en: Eleccións municipais en Santiago de Compostela
miniatura|esquerda|O Pazo de Raxoi, sede do concello compostelán. miniatura|Xosé Antonio Sánchez Bugallo. O primeiro alcalde da democracia en Santiago de Compostela foi José Antonio Souto Paz, da UCD, que gobernou dende 1979 ata 1981, cando foi substituído polo tamén membro da UCD, Marcial Castro Guerra. Logo das eleccións municipais de 1983, o socialista Xerardo Estévez accedeu á alcaldía, onde permaneceu ata 1998, agás un período entre 1986 e 1987 no que gobernou Ernesto Viéitez Cortizo de AP. En 1998, Xerardo Estévez abandonou a alcaldía, que pasou ás mans do tamén socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo, quen gobernou en coalición co Bloque Nacionalista Galego ata 2011. Durante a última lexislatura de mandato socialista a xunta de goberno, presidida polo alcalde, estaba composta polos 10 concelleiros do PSdeG e os 4 do BNG.
O anterior alcalde Gerardo Conde Roa presentou a súa dimisión o 16 de abril de 2012, no marco da operación Pokémon,. Conde Roa conseguira a maioría absoluta nas eleccións municipais do 2011, rematando con 28 anos de alcaldes socialistas na capital galega e acadando a primeira maioría absoluta do PPdeG na historia da cidade. En abril de 2012, trala dimisión de Conde Roa, pasou a ocupar a alcaldía Ángel Currás Fernández, tamén imputado na operación Pokémon. En xuño de 2014 foi nomeado novo alcalde Agustín Hernández. A corporación municipal está formada por 25 membros, e logo dos comicios do 2011 quedou do seguinte xeito: PPdG con 13 concelleiros, PSdeG con 9 concelleiros e BNG con 3 concelleiros. miniatura|Martiño Noriega.
Tralas eleccións municipais do 2015, a plataforma Compostela Aberta obtén 10 escanos, que darían a alcaldía a Martiño Noriega, fronte aos 9 escanos do PPdG, os 4 do PSdeG-PSOE e os dous do BNG.
Desde 2023 a alcaldesa é Goretti Sanmartín do BNG.
O Concello de Santiago de Compostela estrutúrase en diferentes áreas: de facenda, patrimonio e seguridade cidadá; de urbanismo; de función pública, réxime interior e cultura; de desenvolvemento económico, formación e emprego; social, participación cidadá e drogodependencias; de acción cidadá; e de xestión das empresas municipais. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia se celebran plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao municipio.
<td> Eleccións municipais, 26 de maio de 2019Eleccións municipais de 2003 Partido Votos % Concelleiros PSdeG 18.150 34,7 % 10 PPdeG 15.262 29,18% 8 CA 10.651 20,36 % 5BNG4.8709,31%2
Alcalde electo: Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSOE). <td> Eleccións municipais, 24 de maio de 2015Eleccións municipais de 2007 Partido Votos % Concelleiros CA 16.327 34,58 % 10 PPdeG 15.869 33,61 % 9 PSdeG 6.919 14,65% 4BNG3.2776,94%2
Alcalde electo: Martiño Noriega (CA).
Eleccións municipais, 28 de maio de 2023 Partido Votos % Concelleiros PPdeG 18.294 37,7 % 11 BNG 11.428 23,55 % 6 PSdeG 10.513 21,66 % 6CA4.4469,16%2
Alcaldesa electa: Goretti Sanmartín (BNG). miniatura |Composición do Pleno Municipal a 18 de febreiro de 2025 miniatura|Imaxe dun cartel de políticas de conservación da zona vella promovida polo concello.
Sede do goberno galego Santiago de Compostela, como capital de Galicia, é a sede do goberno galego. No pazo do Hórreo, situado na rúa do Hórreo da capital compostelá, atópase o Parlamento de Galicia, mentres que en San Caetano están a meirande parte dos edificios administrativos da Xunta de Galicia. O pazo de Raxoi, amais da sede do concello compostelán, é a sede da presidencia da Xunta de Galicia. Tamén en Santiago está situada a residencia oficial de Monte Pío utilizada polo presidente da Xunta.
Administración xudicial Santiago de Compostela é a capital do partido xudicial número 2 da provincia da Coruña, partido que comprende, amais do propio concello de Santiago de Compostela, os concellos de Ames, Boqueixón, Teo e Vedra.
Clima Santiago de Compostela posúe un clima oceánico húmido con temperaturas suaves ao longo do ano. A cidade ten unha temperatura media duns 15 °C, uns 8º de media no inverno e entre 25 e 27 °C durante o verán.
As precipitacións (entre 1700 e 1900 milímetros anuais)Resumo meteorolóxico da cidade de Santiago de Compostela concéntranse principalmente no inverno, e en menor medida, no outono e na primavera.