150px|miniatura|Busto por Hippolyte Moulin, en homenaxe a Antoine-Louis Barye. Antoine-Louis Barye nado o 24 de setembro de 1796 en París e finado o 25 de xuño de 1875 na mesma cidade, foi un escultor romántico francés.

Traxectoria Comezou a traballar como ourive. Logo de estudar con Francois-Joseph Bosio e Antoine-Jean Gros admitírono na École des Beaux Arts en 1818. A partir de 1823 comezou a facer esculturas de animais en bronce, converténdose nun dos máis grandes escultores animalistas, dotando aos seus animais de gran realismo, cun estudo detallado dos seus músculos, da súa pelaxe, das súas actitudes. Foi profesor no Museo de Historia Natural de París dende 1854 e mestre de Emmanuel Frémiet.

As súas grandes obras foron Tigre devorando crocodilo (1831) e O león e a serpe (1832), Teseo e o Minotauro (1847), Lápita e o centauro (1848) e un grupo de estatuas do xardín das Tullerías.

Véxase tamén Ligazóns externas biografía completa as súas obras A tumba de Barye no cemiterio do Père-Lachaise Reproducións das súas obras

Barye, Antoine-Louis Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1796 Categoría:Finados en 1875 Categoría:Escultores do século XIX