Medomedá é un grupo de rock galego que xurdiu en Teo no 2008.

Traxectoria Procedentes de grupos como Trifulka, Sufridos e Drinkin'Tinto, estes xa veteranos da música galega crearon no 2008 Medomedá, un grupo musical cun estilo que eles deron en chamar “rock gilipollas”.

Este novo proxecto musical, con fortes influencias de grupos como Heredeiros da Crus, deuse a coñecer co seu primeiro tema de estudio “Quero ver como te ris” presentado ó concurso A polo ghit (2008), onde tivo grande éxito e quedou entre os finalistas.

Dende entón este grupo de Teo tivo unha grande acollida participando nunha chea de concertos ó longo destes catro anos, entre os que cabe destacar: Festival Brincadeira (2012), Festival de Noso (2011), Castelo Rock (2012), Festi Sahara (2010), Rock in Rian (2010), Cruceiro Rock (2010)…, ademais de numerosas actuacións en salas coma a Nasa ou a Capitol. Tamén presentaron o seu “Quero ver como te ris” no programa da TVG Tourilandia.

Nas súas actuacións a música tamén é un concepto audiovisual, tanto pola estética rechamante como pola interacción cos seguidores mediante, por exemplo, os vídeos subidos a YouTube (nos que fan un adianto da xira dese verán, un peche de tempada etc.).

No 2012 saíu o seu moi esperado primeiro disco, chamado Mellorando pa peor no que inclúen unha introdución e 12 temas entre os que destacan “Quero ver como te ris”, “Vas de guai e non chegas a chachi” ou “Un polbo botábao” polo grande éxito que xa tiveran nos directos. O seu disco foi gravado no estudio Pousada Son de Ames e sae á rúa baixo unha licenza Creative Commons. Na súa páxina inclúen tamén un apartado onde poder descargar politóns das súas cancións.

Membros Markinhos: voz, coros e guitarra rítmica Pais: guitarra acústica, voz e coros Arturo: batería e coros Pat: baixo e coros

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web en Myspace Ficha no blog músicaengalego Medomedá nos Arquivos da Meiga Debut deMellorando pa peor en culturagalega.org Entrevista ós Medomedá no Planeta Furancho

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos de rock en galego