Xoán Hermida González, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1965, é un historiador, analista político e activista social galego. Ten numerosas publicacións de libros e artigos de fondo. Colaborador habitual de diferentes medios dixitais e en papel. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción da revista Altermundo, mantendo unha colaboración periódica nos xornais dixitais Praza Pública e InfoLibre.

Traxectoria Licenciado en Historia Contemporánea e Posgrao en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xestión Pública pola USC cunha tese sobre Altermundismo en Galicia (MOVEMENTOS SOCIAIS E ALTERMUNDISMO EN GALICIA: DE NUNCA MÁIS A AGE 2002-2012) co-dirixido por Ramón Maiz e Nieves Lagares. Especialista no pensamento de Karl Marx, realizou estudos de marxismo no Instituto adxunto ao CC do PC de Checoslovaquia durante o período da perestroika. O seu coñecemento sobre este pensador é unha constante na súa traxectoria dende un marxismo ortodoxo a unha afinidade co autor nunha distancia coa doutrina marxista. Froito desa traxectoria vital e intelectual é a publicación do libro Un gigante entre pigmeos.

Iniciou a súa actividade política en ERGA, posteriormente nos CAF e nos Comités Anti-Otan. Participando durante a mocidade no PCPG (e posteriormente en Iniciativa Democrática, coa que formou parte da coalición EU-UG nas eleccións ao Parlamento galego de 1993). Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia (1997-1999).

Activista social, foi director e fundador da ONG Amarante-Setem (1999-2007), pioneira no Comercio Xusto en Galicia (no 2000 abriu A Factoria do Sur en Pontevedra). Dende Amarante liderou en Galicia a campaña internacional Clean Clothes Campaing sobre os dereitos humanos e ambientais na produción do mercado téxtil globalizado, poñendo no foco a responsabilidade social corporativa de empresas como Adolfo Domínguez ou Inditex.

A calor do movemento 15M foi un dos promotores da Iniciativa BenComún. Coordinador do Espazo Ecosocialista Galego entre febreiro de 2012 e xuño de 2015, sendo substituído por Manel Cardoso Santiago. Como responsable de Espazo Ecosocialista Galego participou na formación de Compromiso por Galicia e de AGE.

Concorreu ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 no número sexto das listas de En Marea pola circunscrición de Pontevedra, pero non resultou elixido. En abril de 2018, e logo da dimisión do parlamentario Juan Merlo, pasou a formar parte do Parlamento de Galicia. Pese a anunciar a súa intención de non formar parte do parlamento adquiriu a súa condición de parlamentario coa intención anunciada de dimitir definitivamente en canto En Marea puxera en marcha un proceso de consulta as persoas inscritas sobre o posible incumprimento do código ético por parte da deputada Paula Quinteiro. Tras 12 días, e unha vez convocada por En Marea a consulta, presentou a súa renuncia diante da Mesa do Parlamento de Galicia.

Nas eleccións internas de En Marea celebradas o 22 e 23 de decembro de 2018 resultou elixido membro do Consello das Mareas dentro da lista Coidando a Casa que encabezaba o portavoz de En Marea, Luís Villares. Foi designado responsable de análise político e estratéxico da Coordinadora de En Marea.

En maio de 2019 abandonou a militancia partidaria definitivamente, realizando unha análise moi crítica do que veu sendo en chamar a 'nova política' que se plasmou no libro A saida da encrucillada. Dende febreiro de 2016, dirixe o Foro OBenComún de pensamento crítico.

Obra Ensaio Verbas de Vieiros. Obencomún, (2009) ISBN 978-84-616-2532-1 [Re]construír a esquerda nacional. Da Rolda de Rebeldía a AGE. Obencomún, (2013) ISBN 978-84-616-4481-0 Galicia no labirinto da nova política, de Nunca Máis ás Mareas. Ed. Galaxia, (2018) ISBN 978-84-9151-185-4 A Saída da encrucillada. Epitafio para a 'nova política' en Galicia. Obencomún, (2021) ISBN 978-84-123275-6-4 En defensa de la democracia [real]. Obencomún (2024) ISBN 978-84-09-66174-9 Un gigante entre pigmeos; rescatar a Marx de los "marxistas". Servizos de publicacións da UdeV (2024) ISBN 978-84-1188-022-0

Obras colectivas Galicia Solidaria. Xulio Ríos e Carlos Teijo (eds), Edicións Xerais, (2009) ISBN 978-84-9782-980-9 15M: O pobo indignado. Alfredo Iglesias (Coord.), Edicións Laiovento, (2011) ISBN 978-84-8487-216-0 Ecoloxía Política: Olladas desde Galicia. Xan Duro e Xoán Hermida (Coords), ObenComún (2015). ISBN 978-84-606-5931-0 [Re]pensar a democracia. Obencomún (2017). ISBN 978-84-697-4104-7 Adeus ás armas: Que foi do pacifismo?. ObenComún (2022) ISBN 978-84-09-46493-7 Abajo las armas; 32 miradas incomodas. Alvarellos Editora / Fundación cultura de paz (2023) ISBN 978-84-18567-40-7

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bitácora de Xoán Hermida Artigos en Praza Pública Artigos en Galicia Confidencial https://especiales.publico.es/opinion/firma/xoan-hermida

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1965 Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Ecoloxistas de Galicia Categoría:Sindicalistas da CXTG Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Políticos de En Marea