Vilafranca (en español e oficialmente Villafranca del Bierzo) é un concello de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada no noroeste da provincia de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965. O seu xentilicio é vilafranquín/-iña.

Por Vilafranca pasa o Camiño de Santiago, e constitúese como fin de etapa e como meta en casos excepcionais, pois na igrexa da vila dedicada ao Apóstolo, pódese gañar o xubileu cando concorran circunstancias que impidan ao peregrino proseguir deica Compostela. É un dos 47 concellos galegofalantes da Galicia estremeira.

A vila está a unha altitude de 505 metros e nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce.

Demografía En 2022 tiña 2756 habitantes, o que supón un descenso con respecto a 2010, cando tiña 3516, e o ano 2000, cando tiña 3807 habitantes. A distribución por sexo é de 51,8% de mulleres e 48,2% homes.

Núcleos de poboación Aira da Pedra Campo da Lagúa Cela Landoiro Paradaseca Paradiña Poboadura da Somoza Porcarizas Prado da Somoza Ponte de Rei Ribón Teixeira Valtuílle de Abaixo Valtuílle de Arriba A Veigueliña Vilachá Vilafranca do Bierzo Vilar de Aceiro Vilela

Historia Creouse o Señorío de Vilafranca no século XII. No ano 1192 Afonso VIII de León e Galicia outorgalle á vila o seu foro.

No século XV estabeleceuse o marquesado de Álvarez de Toledo y Osorio. O 27 de xaneiro de 1822 creouse a provincia de Vilafranca do Bierzo, coa vila homónima como capital. Esta entidade administrativa mantívose até o 1 de outubro de 1823.

Na vila naceu o erudito Frei Martín Sarmiento, primeiro estudoso da lingua galega, o 9 de marzo de 1695. Tamén naceu aquí Enrique Gil y Carrasco o 15 de xullo de 1815, escritor romántico, autor de "El Señor de Bembibre" e membro da Sociedade de Teatro que desde o seu bicentenario leva o seu nome. Os seus restos repousan na igrexa de San Francisco, tras seren localizados en Berlín, onde morrera en 1845, e repatriados en 1987.

Monumentos Colexiata de Santa María Convento da Anunciada Igrexa de San Nicolás Igrexa de Santiago: s.XII-XIII Igrexa de San Xoán de San Fiz Convento de San Francisco: s.XIII Castelo dos Marqueses de Vilafranca Teatro Villafranquino Enrique Gil e Carrasco, de estilo romántico (século XIX).Artigo sobre a Sociedade de Teatro de Vilafranca de 1843 en versión dixital: http://morales2011.blogspot.com.es/2016/09/no-149-aniversario-de-morales.html Parador nacional de Vilafranca.

Festas e feiras

Festas patronais Festas do Cristo o 14 de setembro.

Outras festas San Tirso o 31 de xaneiro. Semana Santa. Festa dos maios o 1 de maio, declarada de Interese turístico provincial en 2009.Festa do maio 2016 Festa da poesía en xuño. Festa e feira de Santiago o 25 de xullo. Festa do turista en agosto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello Blog da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo. Blog da Comisión Cultural Martín Sarmiento.

Categoría:Vilafranca do Bierzo