Gairesa é unha empresa galega con sede en Lago, Valdoviño (A Coruña) adicada á industria química principalmente nos sectores da construción e a industria. Gairesa ten a empresa Teimper, con sede en Fene (A Coruña), adicada a dar servizo aos seus clientes empregando os seus produtos.

Historia Gairesa foi fundada en Valdoviño adicándose á formulación, produción e aplicación de tratamentos químicos. Resinas de epoxi, adhesivos industriais, revestimentos ou aplicacións industriais. Gairesa é unha empresa pioneira en España en novos materiais, na investigación de produtos especiais para arquitectura e na enxeñería en proxectos punteiros.

A empresa adícase á investigación de produtos, innovación, deseñando e fabricando produtos “a medida” segundo o tipo de aplicación e requirimentos técnicos dos clientes.

Na actualidade, Gairesa fabrica produtos para tratamentos na construción, aplicacións especiais baseadas en composites para enxeñería de pontes, industria eólica, náutica ou aeronáutica.

Nos últimos anos a empresa está a traballar en proxectos de nanotecnoloxía aplicada a resinasGairesa salta a la nanotecnología. La Voz de Galicia.

Produtos Produtos epoxídicos Produtos acrílicos Produtos poliuretanos Produtos polisulfuros Produtos varios

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Gairesa Páxina web de Teimper Fotos e vídeos

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Valdoviño