Juan Compañel Rivas, nado en Santiago de Compostela en 1829 e finado en La Catalina (Cuba) en 1897, foi un editor e impresor galego.

Traxectoria miniatura|170px|esquerda|Establecimiento Tipográfico de D. J. Compañel, na rúa Real de Vigo. Fillo do impresor Francisco Luis Compañel, natural da Graña (Ferrol). Logo da morte do pai ocupouse da empresa familiar Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a Vigo, onde publicou La Oliva con Uxío Carré Aldao e Manuel Murguía. En abril de 1857 o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de El Miño volvendo á súa primeira denominación en outubro de 1868. Na súa imprenta, na rúa Real, publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares gallegos de Rosalía de Castro. En 1863 casou con Emilia Chao Fernández, filla de José María Chao Rodríguez, converténdose en cuñado de Eduardo e Alejandro Chao Fernández. En 1873 marchou a Cuba, foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu La Lealtad (1882) de Cienfuegos, Diario de Cárdenas (1883) e La Unión de Colón. Volveu a Vigo en 1891 para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde. miniatura|Casa Pedro Román (Biblioteca Pública Central "Juan Compañel" de Vigo). En outubro de 2013 o Corporación Municipal de Vigo aprobou por unanimidade darlle o seu nome á Biblioteca Pública Central de Vigo, situada na Casa de Pedro Román ou Casa Ferro, da zona antiga, na rúa Joaquín Yáñez número 6."La Biblioteca Pública Central pasa a llamarse ´Juan Compañel´" Faro de Vigo, 29/10/2013 .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Martínez González, Xurxo: "Juan Compañel Rivas. Un editor con conciencia de Galiza" en Odriozola, Antonio; artigo "COMPAÑEL" [familia], Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Outros artigos La hija del mar (1859) Cantares gallegos (1863)

Ligazóns externas

La despedida de Juan Compañel Faro de Vigo. O rostro revelado de Juan Compañel, editor de 'Cantares gallegos' Faro de Vigo.

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Editoriais de Vigo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1829 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Rosalía de Castro