Devendra Obi Banhart, nado en Houston (Texas) o 30 de maio de 1981, é un cantante, compositor e artista visual estadounidense.

Traxectoria Criouse coa súa nai en Venezuela, ata que se mudou a California na súa adolescencia. Comezou a estudar no San Francisco Art Institute en 1998, pero deixouno para tocar música en Europa, San Francisco e Os Ánxeles. Banhart publicou o seu álbum de estrea no ano 2002, e continuou gravando o seu material nos selos Young God e XL, ademais de traballar tamén en recompilatorios ou facendo colaboracións.

Categoría:Cantantes de Texas Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Nados en 1981