Partido Demócrata Posibilista,Ferrer Benimeli, 2004, p. 302 ou Partido Republicano Histórico,Suárez Cortina (2001), p. 76 foi o nome que adoptou en 1879 o Partido Demócrata, partido político español de ideoloxía republicana creado en 1876 por Emilio Castelar para diferenciarse do Partido Progresista Demócrata de Cristino Martos Balbi, no que se integrou boa parte en 1881.
Historia En xaneiro de 1876, Castelar condenou publicamente o federalismo e recomendou que se participara nas próximas eleccións que se prevían celebrar baixo a monarquía. Estas declaracións supuxéronlle unha ruptura total co resto do republicanismo español. Pouco despois, En 1876, Castelar —antigo presidente da Primeira República— fundou o Partido Democrático, formación de ideoloxía republicana que en 1879 adoptará o nome de «Partido Democrático Posibilista» para diferenciarse do Partido Progresista Democrático. Máis adiante adoptará o nome de «Partido Republicano Histórico».Menéndez Alzamora, 2009, p. 192.
Cando a Restauración borbónica foi un feito, centrou o seu programa no sufraxio universal e na participación electoral sen cuestionar a monarquía, polo que recibiu o apoio do Partido Liberal. Ao se aprobar o sufraxio universal en 1890, disolvesuse e integrouse no Partido Liberal.Avilés Farré; Elizalde Pérez-Grueso e Sueiro Seoane (2002), p. 85
Voceiros Tivo varios voceiros en Madrid, especialmente, El Globo, propiedade de Eleuterio Maissonave e El Pueblo Español. En Valladolid, dende 1889, o seu medio de difusión para Castela a Vella foi La Opinión, cuxo impresor foi Fernando Santarén Ramón. En Huelva, o diario La Provincia adoptaría posicións próximas ao republicanismo posibilista de Castelar.Reig García, 2011, p. 106
En Cataluña os principais dirixentes foron Eusebi Corominas i Cornell e Eusebi Pascual i Casas, en 1878 fundaron o diario La Publicidad, que nos seus inicios chegou a exercer como órgano do republicanismo posibilista en BarcelonaLissorgues, 1989, p. 22. e estaba vencellado á burguesía comercial.Suárez Cortina (2001), p. 81 En Mallorca o principal dirixente foi Joaquim Fiol i Pujol, director de La Opinión (1879 a 1890) e de El Iris del Pueblo. En Alacant, tamén estaba apoiado por outro xornal creado por Maissonave, O Graduador.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Republicanismo en España Primeira República Española
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España