"Long Night" é un sinxelo da banda irlandesa de folk rock The Corrs sacado do seu álbum Borrowed Heaven. Foi lanzado ó mercado o 6 de decembro de 2004. A canción foi escrita por Sharon Corr e, aínda que non tivo tan boa acollida en Europa como cancións anteriores, no Brasil acadou o posto #4 e mantívose entre as dez primeiras durante semanas. Esta popularidade no Brasil debeuse a que saíu nunha famosa telenovela chamada Senhora do Destino.

Pistas de reprodución CD1 "Long Night" "Hideaway" (Versión acústica)

CD2 "Long Night" "Hideaway" (Versión acústica) "Long Night" vídeo "Long Night" On the road video Making of do vídeo

Categoría:Cancións de The Corrs Categoría:Sinxelos de 2004