Os celtas son. "CELTS location: Greater Europe time period: Second millennium B.C.E. to present ancestry: Celtic un conxunto de pobos indoeuropeos. "Os celtas, un antigo pobo indoeuropeo, alcanzaron o seu apoxeo de influencia e expansión territorial durante o século -IV, estendéndose ao longo de Europa dende Gran Bretaña até Asia Menor."; . "[T]he Celts, were Indo-Europeans, a fact that explains a certain compatibility between Celtic, Roman, and Germanic mythology."; . "The Celts and Germans were two Indo-European groups whose civilizations had some common characteristics."; . "Celts and Germans were of course derived from the same Indo-European stock."; . "Celt, also spelled Kelt, Latin Celta, plural Celtae, a member of an early Indo-European people who from the 2nd millennium bce to the 1st century bce spread over much of Europe."; de Europa identificados polo uso das linguas celtas e outras semellanzas culturais.. "Celts, a name applied by ancient writers to a population group occupying lands mainly north of the Mediterranean region from Galicia in the west to Galatia in the east. (Its application to the Welsh, the Scots, and the Irish is modern.) Their unity is recognizable by common speech and common artistic traditions.. "Celts, in its modern usage, is an encompassing term referring to all Celtic-speaking peoples.". "Celt, also spelled Kelt, Latin Celta, plural Celtae, a member of an early Indo-European people who from the 2nd millennium bce to the 1st century bce spread over much of Europe. Their tribes and groups eventually ranged from the British Isles and northern Spain to as far east as Transylvania, the Black Sea coasts, and Galatia in Anatolia and were in part absorbed into the Roman Empire as Britons, Gauls, Boii, Galatians, and Celtiberians. Linguistically they survive in the modern Celtic speakers of Ireland, Highland Scotland, the Isle of Man, Wales, and Brittany. A historia da Europa precelta e a relación exacta entre os diferentes grupos étnicos, lingüísticos e culturais dentro do espazo celta é tema de debate e controversia. Por outra banda, o alcance xeográfico dos antigos celtas tamén está en disputa; particularmente, se os habitantes da Idade de Ferro de Gran Bretaña e Irlanda así coma os da Gallaecia deberían ser considerados ou non como celtas. Segundo unha teoría, a orixe común das linguas celtas, a lingua protocelta, xurdiu na cultura dos Campos de Urnas a finais da Idade de Bronce en Europa central, a cal floreceu arredor do ano -1200. 300px|miniatura|dereita|Distribución diacrónica dos pobos celtas:

miniatura|Envés dun espello de bronce británico, con motivos en espiral e trompeta típicos da arte celta de La Tène en Gran Bretaña.

De acordo con outra teoría proposta no século XIX, o primeiro pobo en amosar características culturais consideradas como celtas foi o pobo da cultura de Hallstatt da Idade de Ferro, en Europa central (c. -800 e -450), chamada así polos ricos achados de tumbas en Hallstatt, Austria. É por iso que ás veces a zona é coñecida como a "patria celta". Durante o período de La Tène (c. -450 BC até a conquista romana), chamado así polo sitio arqueolóxico de La Tène, en Suíza, esta cultura celta supostamente expandiuse por difusión transcultural ou migración até as Illas Británicas (celtas insulares), Francia e os Países Baixos (galos), Bohemia, Polonia e gran parte de Europa central, a Península Ibérica (celtiberos, célticos, lusitanos e galaicos) e o norte de Italia (cultura de Golasecca e galos cisalpinos) e, posteriormente o asentamento celta en Europa oriental que comezou no ano -279, chegando ao leste até Anatolia central (gálatas) na actual Turquía.

Os exemplos máis antigos e sen disputa dunha lingua celta son as inscricións en lepóntico do século -VI. As linguas celtas continentais son coñecidas case exclusivamente a través de inscricións e nomes de lugares. As linguas celtas insulares están rexistradas dende o século IV en inscricións Ogham, aínda que está claro que foron faladas nas illas moito tempo antes. A tradición literaria celta comezou con textos en irlandés antigo arredor do século VIII. Os textos da tradición literaria irlandesa antiga, como Táin Bó Cúailnge, sobreviviron en recensións do século XII.

A partir da metade do primeiro milenio, coa expansión do Imperio Romano e a migración dos pobos xermánicos, a cultura celta e as linguas celtas insulares quedaron restrinxidas a Irlanda, o oeste e o norte de Gran Bretaña (Gales, Escocia e Cornualla), a Illa de Man e a Bretaña. Entre os séculos V e VIII, as comunidades de fala celta destas rexión atlánticas emerxeron como unha entidade cultural razoablemente cohesionada. Tiñan unha herdanza lingüística, relixiosa e artística común que os distinguía da cultura e das entidades políticas que as rodeaban. Porén, por volta do século VI, as linguas celtas continentais deixaron de ser amplamente usadas.

A cultura celta insular diverxeu entre os gaels (irlandeses, escoceses e manx) e os britanos (galeses, córnicos e bretóns) nos períodos medieval e moderno. Unha identidade celta moderna foi construída como parte dun Rexurdimento celta romanticista en Gran Bretaña, Irlanda, e noutros territorios europeos, como Portugal e Galicia. No presente, o irlandés, o escocés, o galés e o bretón son falados aínda en parte do seu territorio histórico, e o córnico e o manx están en proceso de recuperación.

Nomes e terminoloxía

O primeiro uso rexistrado do nome dos celtas – (Keltoi) en grego – para facer referencia ao grupo étnico procede de Hecateo de Mileto, o xeógrafo grego, no ano -517,Sarunas Milisauskas, cando escribiu sobre a xente que vivía preto de Massilia (a moderna Marsella).H. D. Rankin, No século -V, Heródoto refírese como Keltoi aos habitantes no nacemento do Danubio e tamén aos que viven na parte máis occidental de Europa.Herodoto, The Histories, 2.33; 4.49. A etimoloxía do termo Keltoi é pouco clara. Posibles raíces da palabra poderían ser o indoeuropeo *kʲel 'agochar' (presente tamén no irlandés antigo ceilid), IE *kʲel 'quentar' ou *kel 'impeler'.John T. Koch (ed.), Celtic Culture: a historical encyclopedia. 5 vols. 2006. Santa Barbara, California: ABC-CLIO, p. 371. Varios autores suxeriron a posible orixe celta da palabra, mentres que outros considérano un termo acuñado polos gregos. A lingüista Patrizia De Bernardo Stempel encádrase no segundo grupo, e suxire como significado "os altos".P. De Bernardo Stempel 2008. "Linguistically Celtic ethnonyms: towards a classification", in Celtic and Other Languages in Ancient Europe, J. L. García Alonso (ed.), 101–18. Ediciones Universidad Salamanca.

No século -I, Xulio César rexistrou que os pobos coñecidos polos romanos como galos (en ) chamábanse a si mesmos celtas,Xulio César, Commentarii de Bello Gallico 1.1: "Toda a Galia está dividida en tres partes, unha na que viven os belgas, outra na que viven os aquitanos, e unha terceira daqueles que na súa propia lingua se chaman Celtae, na nosa lingua Galli." o cal suxire que mesmo se o nome Keltoi foi outorgado polos gregos, foi adoptado até certa medida como un nome colectivo polas tribos da Galia. O xeógrafo Estrabón, escribindo sobre a Galia a finais do século -I, fai referencia á "raza que agora se chama tanto galo como gálico," aínda que el tamén usa o termo Celtica como sinónimo para a Galia, a cal está separada de Iberia polos Pireneos. Porén, informa sobre os pobos celtas en Iberia e tamén utiliza os nomes étnicos Celtiberi e Celtici para falar deles, a contraste con Lusitani e Iberi.Estrabón, Xeografía, 3.1.3; 3.1.6; 3.2.2; 3.2.15; 4.4.2. Plinio o Vello cita o uso do termo Celtici en Lusitania como apelido tribal,Plinio o Vello, The Natural History 21: "os Mirobriguenses, apelidados Celtici" ("Mirobrigenses qui Celtici cognominantur"). o cal foi confirmado polos descubrimentos epigráficos.Fernando De Almeida, Breve noticia sobre o santuário campestre romano de Miróbriga dos Celticos (Portugal): D(IS) M(ANIBUS) S(ACRUM) / C(AIUS) PORCIUS SEVE/RUS MIROBRIGEN(SIS) / CELT(ICUS) ANN(ORUM) LX / H(IC) S(ITUS) E(ST) S(IT) T(IBI) T(ERRA) L(EVIS).

O termo en latín Gallus (en plural Galli) pode provir orixinalmente dun nome tribal ou étnico celta, e se cadra foi tomado como préstamo polo latín durante as expansións celtas en Italia a comezos do século -V. A súa raíz pode ser do protocelta *galno, que quere dicir "poder, forza", de aí o irlandés antigo gal "atrevemento, ferocidade" e galés gallu "ser quen, poder". Os nomes tribais dos Gallaeci e o termo grego Γαλάται (Galatai, latinizado como Galatae; véxase a rexión de Galacia en Anatolia) probablemente teñan a mesma orixe. O sufixo -atai pode ser unha inflexión do grego antigo. Os autores clásicos non aplicaron os termos (Keltoi) ou Celtae para os habitantes de Gran Bretaña ou Irlanda, o cal provocou que algúns estudosos non usen o termo para os habitantes das illas durante a Idade de Ferro.

Celta ou céltico fai referencia tamén á familia de linguas. Diversas culturas arqueolóxicas son consideradas de natureza celta en base a conxuntos únicos de artefactos. O vínculo entre linguaxe e artefacto vese favorecido pola presenza de inscricións. A idea relativamente moderna dunha identidade cultural celta ou da "celticidade" céntrase polo xeral nas semellanzas entre as linguas, obras de arte e textos clásicos,Paul Graves-Brown, Siân Jones, Clive Gamble, e ás veces tamén entre os artefactos materiais, a organización social, a patria e a mitoloxía.Carl McColman, Teorías antigas sinalaban que estas semellanzas tamén poderían implicar unha orixe racial común entre os distintos pobos celtas, mais as teorías recentes sosteñen que a conexión só se reflicte nos aspectos cultural e lingüístico e non no xenético. As culturas celtas parecen ter sido moi diversas, sendo o uso dunha lingua celta o principal que tiñan en común.

No presente, o termo celta refírese principalmente ás linguas e as culturas de Irlanda, Escocia, Gales, Cornualla, a Illa de Man e a Bretaña, tamén coñecidas como as nacións celtas. Estas son as rexións onde catro linguas celtas aínda seguen a falarse en certo grao como linguas nais. As catro linguas son o irlandés, o escocés, o galés e o bretón; ademais producíronse dúas revitalizacións recentes, o córnico (unha das linguas britónicas) e o manx (unha das linguas goidélicas). Tamén hai intentos por reconstruír o cúmbrico, unha lingua britónica do noroeste de Inglaterra e o suroeste de Escocia. As rexións celtas da Europa continental son aquelas cuxos habitantes reivindican unha herdanza celta, mais non teñen unha lingua celta que sobrevivise; estas áreas inclúen o oeste da Península Ibérica, como por exemplo Portugal ou Galicia, Asturias e Cantabria.

Os celtas continentais son os pobos orixinarios de fala celta de Europa continental, e os celtas insulares son os pobos de fala celta das illas Británicas e os seus descendentes. Os celtas da Bretaña teñen unha lingua que procede da migración de celtas insulares, principalmente de Gales e Cornualla, e como tales son agrupados.

Orixe

miniatura|dereita|300px|Mapa mostrando a distribución da cultura Hallstatt e La Tène.

miniatura|dereita|O escudo de Wandsworth, no estilo plástico, atopado en Londres. miniatura|dereita|Unha estatua dun guerreiro celta, do século -I, no Museo da Bretaña, en Rennes, Francia. As linguas celtas forman parte da familia indoeuropea. No -400 a lingua celta xa estaba dividida en varios grupos, e estendeuse sobre gran parte de Europa occidental, a Península Ibérica, Irlanda e Gran Bretaña. O historiador grego Éforo de Cumas, en Asia Menor, segundo escribiu no século -IV, cría que os celtas proviñan das illas na boca do río Rin e que eran levados dos seus fogares pola frecuencia das guerras e a violenta suba do mar".

Cultura de Hallstatt