Euskal Herria Bildu , tamén escrito EH Bildu (en minúsculas no seu logo), é unha coalición política vasca de esquerdas, rexistrada como partido político, creada no 2012 e liderada na súa primeira participación por Laura Mintegi. Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.

Historia A coalición presentouse ás eleccións ó Parlamento Vasco do 21 de outubro de 2012, acadando 21 escanos dos 75 totais e converténdose así na segunda forza política do país tralos 27 logrados polo PNV.

A coalición creada en 2012 foi inscrita en 2014 como partido. En 2017 a coalición foi dotada de órganos propios de partido, con secretaría xeral.

Previa a EH Bildu houbo outra coalición chamada Bildu. Entre a disolución de Bildu e a creación de EH Bildu existiu a coalición Amaiur.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bildu Oskar Matute Mertxe Aizpurua Arnaldo Otegi Josu Juaristi Maddalen Iriarte Maiorga Ramírez Carlos Garaikoetxea Iñaki Ruiz de Pinedo Jon Iñarritu Onintza Enbeita Marian Beitialarrangoitia Asun Fernández de Garaialde

Ligazóns externas Páxina oficial de Euskal Herria Bildu

Categoría:Partidos políticos do País Vasco Categoría:Nacionalismo vasco Categoría:Coalicións electorais de España