miniatura|Pastillas de goma de mascar. A goma de mascar é unha goma para mastigar con sabor doce. Se ben a maioría das actuais teñen unha base de plástico neutro, o acetato polivinílico, até hai relativamente pouco tempo empregábase un polímero gomoso que se obtiña do zume dunha árbore tropical, a Manilkara zapota (Manilkara chicle), especie da familia das Sapotáceas orixinaria de México e América Central. Polo seu sabor doce e aromático, numerosos pobos amerindios utilizábana para mastigar.

Historia e orixe da goma de mascar A época de creación da goma de mascar non se sabe con exactitude. Pero as investigacións fálannos dun elemento semellante á goma de mascar actual presente na Prehistoria. Na antigüidade as tribos mascaban resinas dalgunhas árbores e plantas que contiñan propiedades medicinais.

A orixe da goma de mascar actual aparece no sueste de México, coa existencia da tribo maia. Os maias sacábana da resina da árbore chicozapote facendo incisións nas codias para que a resina saíse. Despois de secar obtíñase unha forma gomosa que se empregaba principalmente para lavar os dentes ou nos rituais de xaxún.

Ao pasar o tempo a goma de mascar comezouse a comercializar como un produto de hixiene polo estadounidense John B.Curtis ata que no ano 1880 un vendedor de flocos de millo mesturou saborizantes con xarope de millo e despois engadiuno á mestura da goma de mascar, marcando o inicio da comercialización da goma de mascar de sabores. A partir dese momento a goma de mascar foi considerada como un produto de ocio ata a nosa época, onde se crea principalmente mediante gomas elaboradas a partir de plásticos neutros aos que se lles engade saborizante.

Tipos de gomas de mascar

Gomas de mascar segundo a súa principal composición e sabor

Gomas de mascar naturais Gomas de mascar con sabores frutais Gomas de mascar sen azucre Gomas de mascar con interior líquido

Gomas de mascar segundo o formato de venta

Cut & wrap: este tipo de goma de mascar é máis branda e elástica. Elabórase principalmente mediante glicosa e edulcorantes líquidos. Sticks ou tabs: teñen forma laminada e delgada e son máis duros. Xeralmente teñen máis goma base para soportar procesos como o estiramento e a envoltura e ademais teñen un menor nivel de glicosa para endurecelos. Graxeas: goma base recuberta por un confeitado de glicosa. Bólas ocas: teñen menos elasticidade que o cut & wrap.

Goma de mascar con interior líquido: a súa goma base ten elasticidade xusta para estirarse e un nivel de plasticidade adecuado para diferentes formas de prensado. Ademais a goma base ten que ser resistente para que o líquido do interior non saia. Caramelo recheo de goma de mascar: non pode ser moi viscoso debido ás altas temperaturas de creación do caramelo debido a que a goma de mascar pode desfacerse ou ser difícil de traballar.

Elaboración da goma de mascar

Derretido: a goma base derrétese e purifícase para facilitar o seu moldeado e emprego. Mesturado: a base é vertida nunha máquina mesturadora, para despois engadirlle colorantes, saborizantes e aromas. Enrolado: a barra de goma de mascar obtida na mestura é aplanada e bótaselle azucre para evitar que se pegue. Cortado: córtase a goma de mascar en diferentes formas. Acondicionamento: a goma de mascar é trasladada a cámaras acondicionadas para asegurar unha boa textura. Partido: sécase a goma de mascar xa moldeada e preparada para despois envolvela.

A goma de mascar e a saúde

Efectos positivos sobre a saúde

Limpeza dental. Mascar gomas de mascar (en especial sen azucre) facilita o proceso de salivación da boca, axudando á eliminación de partículas de comida, fortalecendo os dentes e facendo máis difícil a aparición de carie (principalmente causada pola acumulación de fragmentos de alimento e restos orgánicos na boca). Redución de bacterias. Algunhas gomas de mascar conteñen xilitol, un edulcorante de orixe natural que segundo algúns estudos axuda a reducir a cantidade de bacterias ao non resultar unha substancia eficiente para o funcionamento das mesmas..

Efectos negativos sobre a saúde

Notas

Categoría:Lambetadas