miniatura|Placa na casa onde estaba a imprenta da Editorial Nós en Santiago de Compostela.

miniatura|Placa no edificio da rúa Real da Coruña no que se fundou a Editorial Nós.

A Editorial Nós foi unha casa editorial galega creada na Coruña, concretamente no número 36 da rúa Real, no 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta"."Anxel Casal", artigo na web da Escola Rosalía de Castro. En palabras de Fernández del Riego, foi o principal centro de irradiación do mundo das nosas letras.

Historia A revista Nós naceu en Ourense no ano 1920, mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de 1924, Ánxel Casal, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós, onde finalmente tivo cabida a revista. O 25 de novembro de 1927 publicou o primeiro título Historia sintética de Galicia de Ramón Villar PonteEmilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 385. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só durou 14 números e arrastrou case que á quebra á editorial Nós.

En 1931 trasladouse a Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 1936. A imprenta estivo nun principio situada no número 20 da rúa das Hortas, na capital galega, se ben trasladouse posteriormente ao número 15 da rúa do Vilar. O derradeiro número repartido normalmente entre os subscritores foi o 137-138, correspondente a maio-xuño do ano 1935, pero saído o ano seguinte. Estaba no prelo outro número (139-144) que xa non chegou a publicarse por mor da Guerra Civil

A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das Irmandades da Fala, coa revista A Nosa Terra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Arquivos do Seminario de Estduos Galegos Ultreya (organización) María Miramontes

Ligazóns externas Os libros de Ánxel Casal

Nos