The Truman Show é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir e escrito por Andrew Niccol que se estreou en 1998. Está protagonizado por Jim Carrey, que interpreta a Truman Burbank, xunto con Laura Linney, Noah Emmerich, Ed Harris e Natascha McElhone. Conta a historia da vida dun home que non sabe que está a vivir nunha realidade contruída para un programa de televisión, que se emite sen interrupción en todo o planeta. Truman comeza a sospeitar da súa realidade e comeza un proceso sen volta atrás de descubrir a verdade sobre a súa vida.

A orixe de The Truman Show foi un guión de Niccol que foi inspirado por un episodio de The Twilight Zone titulado "Special Service". O proxecto inicial tiña un ton de suspense de ciencia ficción, coa historia ambientada na cidade de Nova York. Scott Rudin fíxose co guión, e inmediatamente puxo o proxecto en mans de Paramount Pictures. Brian De Palma era o director previsto antes de que Weir se fixese co filme por un orzamento de $60 millóns no canto dos $80 millóns iniciais. Niccol re-escribiu o guión ó mesmo tempo que os cineastas agardaban que Carry se puidese incorporar á rodaxe. A maioría da rodaxe fíxose en Seaside (Florida), nunha comunidade planificada situada na rexión de Panhandle de Florida.

O filme foi un éxito de recadación e da crítica, e conseguiu varias nomeamentos nos 71ª edición dos Oscar, nos Globos de Ouro, nos BAFTA e nos Saturn. The Truman Show foi analizado como unha tese sobre o cristianismo, a metafilosofía, a realidade simulada, o existencialismo e a realidade televisiva.

Sinopse Truman Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun desas vilas onde nunca pasa nada. Porén, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está ocorrendo.

Personaxes Jim Carrey como Truman Burbank Laura Linney como Meryl Burbank / Hannah Gill Ed Harris como Christof Noah Emmerich como Marlon / Louis Coltrane Natascha McElhone como Lauren Garland / Sylvia Brian Delate como Kirk Burbank / Walter Moore Holland Taylor como Angela Burbank / Alanis Montclair Harry Shearer como Mike Michaelson Paul Giamatti como Simeon Peter Krause como Laurence

Galardóns e nomeamentos 1998: 3 nomeamentos ó Oscar: Mellor director (Peter Weir), actor secundario e guión. 1998: 3 Globos de Ouro: Bso, actor drama (Jim Carrey) e actor secundario. 6 nomeamentos. 1998: 3 premios BAFTA: Mellor director, deseño de produción e guión orixinal. 7 nomeamentos. 1998: National Board of Review: Actor secundario (Ed Harris)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Guión de The Truman Show

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter Weir Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes ambientados en 1996