Anfibio, anfibia ou anfibios pode referirse a:
Bioloxía Os anfibios (Amphibia), clase de vertebrados que inclúe a todos os anfibios, actuais e de épocas pasadas. Os anfibios modernos ou lisanfibios (Lissamphibia), clado que agrupa os anfibios actuais e os seus antecesores máis próximos. Transporte e exército Vehículo anfibio (ou, simplemente, anfibio), vehículo que pode operar tanto en terra como na auga. Avión anfibio, aeronave que pode engalar e aterrar nun aeródromo como amarar na auga. Buque de asalto anfibio, nave de guerra capaz de transportar tropas de infantaría co seu material (incluído, segundo os modelos, o máis pesado —carros de combate, pezas de artillaría—), a calquera lugar e podelos desembarcar aínda sen existir peirao nin porto practicábel. Guerra anfibia, utilización do poder de fogo naval, loxística e estratexia para proxectar unha forza militar nunha praia.