Päijänne Tavastia (en finés Päijät-Häme e en sueco Päijänne Tavastlands) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao sur do país, na provincia histórica de Tavastia e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Lahti.
Päijänne Tavastia limita ao norte coa rexión de Finlandia Central, ao leste coas de Savonia do Sur e Kymenlaakso, ao sur con Uusimaa, e ao leste coas rexións de Tavastia Propia e Pirkanmaa. Esta rexión é a 8ª máis poboada do país e a 18ª máis extensa.
Concellos A rexión de Päijänne Tavastia está formada por nove concellos, dos cales tres teñen estato de cidade:
20px Asikkala 20px Hartola 20px Heinola 20px Hollola 20px Kärkölä 20px Lahti 20px Orimattila 20px Padasjoki 20px Sysmä
Antigos concellos 23px Artjärvi, pertenceu ás provincias de Uusimaa e Uusimaa Oriental, mais posteriormente pasou a formar parte de Päijänne Tavastia integrándose na cidade de Orimattila. 23px Heinolan maalaiskunta, pertenceu á provincia de Mikkeli e á de Lahti, integrándose na cidade de Heinola en 1997. 20px Hämeenkoski, fusionouse co concello de Hollola en 2016. 20px Nastola, fusionouse coa cidade de Lahti en 2016.
Trocos de rexión 22px Kuhmoinen pasou a formar parte de Finlandia Central siirtyi osaksi Keski-Suomen lääniä eli nyk. Keski-Suomen maakuntaan 1974.
Política
As eleccións parlamentarias de 2011 en Finlandia Central deron os seguintes resultados:
Partido de Coalición Nacional 23.2% Finlandeses Auténticos 22.7% Partido Socialdemócrata de Finlandia 22.0% Partido de Centro 11.6% Demócrata-Cristiáns 7.5% Alianza de Esquerda 6.1% Liga Verde 4.5%
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Rexións de Finlandia