Manuel María Huagón Hurtado de Corcuera, finado o 17 de marzo de 1882Necrolóxica en La Ilustración Cantábrica, 28-3-1882, p. 11., foi un político español.
Traxectoria Foi elixido deputado a Cortes por Baleares en 1858, volveu ser elixido deputado polo distrito de Igualada en 1863 e 1864, en 1865 foi elixido polo distrito de Manresa. No Sexenio Democrático foi elixido senador pola provincia das Illas Baleares (1872). Trasladouse a Galicia e o 12 de marzo de 1875 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Na Restauración foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1877 e foi reelixido en 1879. Foi director do Tesouro (1863).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1882 Categoría:Nados en ano descoñecido