A Venus de Médici é unha escultura helenística en mármore a escala real1,53 m de altura. que representa á deusa grega do amor Afrodita. Trátase dunha copia en mármore do século I a. C., feita quizais en Atenas, dun orixinal grego en bronce, seguindo o tipo da Afrodita de Cnido,Mansuelli (1958?1961). que sería realizada por un escultor na inmediata tradición de Praxíteles, a finais do século. Converteuse nun dos puntos cruciais do progreso da tradición clásica occidental, cuxas referencias resumen os cambios de gusto e o proceso de investigación clásica.Este tema xeral trátase en Haskell e Penny (1990). Exhíbese na Galería Uffizi, en Florencia (Italia).
Orixe
A deusa represéntase nunha pose fuxitiva e momentánea, coma se fose sorprendida no momento de emerxer do mar, ao que alude o golfiño aos seus pés, que non sería un apoio necesario para o bronce orixinal.
Leva a inscrición grega CLEÓMENES FILLO DE APOLODORO DE ATENAS na súa base. A inscrición non é orixinal, pero no século XVIII o nome «Cleómenes» gravábase sobre esculturas de modesta calidade para aumentar o seu valor, mentres se dubidaba da inscrición na Venus de Médici para poder atribuír a obra a un dos diversos nomes de maior consideración: á parte de Praxíteles, os menos probables Fidias ou Escopas.Haskell e Penny (1990) pp. 325?6. As restauracións dos brazos foron realizadas por Ercole Ferrata, quen lle deu dedos manieristas longos e finos que non se recoñeceron como fóra de lugar na escultura até o século XIX.
Baixo o nome «Venus de Médici» agrúpanse moitas réplicas e anacos desta versión concreta do tema de Praxíteles, que introduciu a representación espida a tamaño real de Afrodita. Malia non ser identificable en ningunha das obras conservadas, debeu ser amplamente coñecida polos expertos gregos e romanos. Entre as réplicas e anacos de mellor importancia,Pode atoparse unha lista en a máis próxima en carácter e calidade máis elevada é unha Afrodita de mármore do Museo Metropolitano de Arte, descrita máis abaixo.
Estas esculturas descríbense como «copias romanas», ao entenderse que foron producidas, a miúdo por escultores gregos, en calquera lugar baixo dominación romana «digamos, entre a ditadura de Sila e a cesión da capitalía a Constantinopla, do 81 a. C. ao 330 d. C.» A súa calidade pode variar dende a obra executada por un bo escultor para un patrón entendido até copias vulgares producidas en masa para os xardíns.
Descubrimento e exhibición miniatura|left|150px|Copia en mármore do século XVIII da Venus de Médici no Palacio Peterhof (San Petersburgo).
A orixe da Venus non está documentada: «a súa reputación parece crecer gradualmente», sinalaron Francis Haskell e Nicholas Penny. Foi publicada na colección da Vila Médici (Roma), en 1638, recibindo tres láminas na antoloxía das esculturas máis nobres que os estragos do tempo respectaran en Roma compilada por François Perrier. Citado por Haskell e Penny (1990) p. 325. A Venus xa era coñecida en 1559, segundo parece, por unha redución en bronce que estaba entre a serie das esculturas romanas máis famosas que se exhibiu nun gabinete terminado ese ano e encargado por Nicolò Orsini, conde de Pitigliano, como agasallo para Filipe II de España: as esculturas eran do artista holandés formado no taller de Benvenuto Cellini, Willem van Tetrode, chamado Guglielmo Fiammingo en Italia.Once das esculturas do gabinete perdido, incluíndo a redución da Venus de Médici, foron reunidas na exposición Willem van Tetrode do Rijksmuseum e a Colección Frick en Nova York no 2003. ()
miniatura|275px|Detalle do cadro de 1778 de Johann Zoffany A tribuna dos Uffizi (actualmente na Royal Collection), mostrando a Venus (dereita) exposta na Tribuna, rodeada por expertos ingleses e italianos.
Malia ser considerada polos visitantes de Roma como John Evelyn «un milagre da arte», foi enviada a Florencia en agosto de 1677, sendo autorizada a súa exportación polo papa Inocencio XI, segundo críase, porque estimulaba o comportamento obsceno. Na Tribuna dos Uffizi foi un punto culminante do Grand Tour e consideráballa unha da mellor media ducia de estatuas antigas conservadas, ata que un cambio no gusto empezou a producirse no século XIX, en forma dunhas poucas voces discrepantes.A recuperación no século XX de bronces gregos clásicos e helenísticos en xacementos de naufraxios no Mediterráneos, grazas ao desenvolvemento dos equipos de mergullo, supuxo unha revalorización do que constitúe unha das mellores pezas conservadas. Luca Giordano fixo centos de debuxos da Venus, Samuel Rogers acudía a visitala diariamente, Zoffany incluíuna no seu cadro de 1778 A tribuna dos Uffizi, e Lord Byron dedicou cinco estrofas de Childe Harold a describila. Foi unha das obras de arte preciosas enviadas a Palermo en 1800 para salvalas dos voraces franceses, sen éxito: exerceuse tal presión diplomática que a Venus de Médici foi enviada a París en 1803. Tras a caída de Napoleón, volveu a Florencia o 27 de decembro de 1815.
A Afrodita do Museo Metropolitano
A Afrodita de mármore do Museo Metropolitano de Arte de Nova YorkNúmero de inventario 52,11.5. é unha réplica próxima da Venus de Médici.«Nas súas principais dimensións e en moitos detalles a dúas miden o mesmo até pequenas fraccións de polgada.» Alexander (1953) p. 251. A pose da cabeza é indubidablemente diferente, pois non rompeu cando o fixeron outras partes, como cando se perderon os brazos irremediablemente. Sobre o pedestal queda o pé esquerdo, con parte do apoio do golfiño e o tronco da árbore, e un resto do pé dereito perdido, restaurado grazas a un molde, pois a escultura tiña dúas seccións, que ían unidas por moldes tomadas das pernas da Venus de Médici. Para datar as réplicas, préstase atención a detalles menores dos golfiños que foron engadidos polos copistas, nos que quedan de relevo as convencións estilísticas: o Metropolitano data o seu Afrodita do tipo Médici na época augusta.
A Afrodita do Metropolitano estaba na colección do Conde von Harbuval genammt Chamaré en Silesia,Posiblemente Nové Hrady. cuxo proxenitor o Conde Schlabrendorf fixo o Grand Tour e mantivo correspondencia con Johann Joachim Winckelmann.
miniatura|Retrato de Claude-Henri Watelet fronte á Venus de Médici, c. 1765.
Copias modernas miniatura|A Venus de Médici copia en Moscova.
A Venus de Médici é unha das antigüidades máis copiadas. Lois XIV de Francia tivo non menos de cinco, mármores de Carlier, Clérion, Coysevox e Frémery, e un bronce dos irmáns Keller. Copias en chumbo da Venus de Médici están presentes en moitos xardíns ingleses e europeos, ás veces protexidas en fornelos. En pequenas reducións de bronce figurou entre as antigüidades máis familiares representadas nos gabinetes de coleccionistas: no retrato de Claude-Henri Watelet pintado por Greuze c. 1763?65, o connoisseur e autor de L'Art de peindre aparece con calibres e un libro de notas, contemplando unha figura de bronce da Venus de Médici, coma se estivese a deducir as proporcións ideais da figura feminina a partir do exemplo da talla. A Venus de Médici foi mesmo reproducida en porcelana de Sèvres, que tiña o branco mate do mármore.
O escultor estadounidense Hiram Powers baseou a súa estatua de 1844 A escrava grega na Venus de Médici.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Venus de Medici Medici Categoría:Estatuas