Rindr (antigo nórdico) ou Rinda (Latinizado) é unha personaxe feminina da mitoloxía nórdica, descrita como unha xiganta, unha deusa ou unha princesa humana do leste (dalgún lugar da actual Rusia). O seu fillo Váli é froito da súa unión con Odín.

É mencionada tamén na Gesta Danorum, unha obra evemerista escrita dende unha óptica cristiá onde as figuras mitolóxicas están moi terxiversadas. Neste texto é chamada Rinda e era filla do rei dos rutenios. Procrea a Bous, que é o nome de Váli nese texto, tras ser enganada con feitizos por Odín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deuses xermánicos

Bibliografía Faulkes, Anthony (Trans.) (1995). Edda. ISBN 0-460-87616-3 Ellis Davidson, H. R. (1965). Gods And Myths Of Northern Europe. Penguin. ISBN 0-14-013627-4 Grundy, Stephan (1998) The Concept of the Goddess. Routledge. ISBN 0-415-19789-9 Sturluson, Snorri. Heimskringla: History of the Kings of Norway, trad. Lee M. Hollander. Reprinted. University of Texas Press, Austin, 1992. ISBN 0-292-73061-6 Larrington, Carolyne (Trans.) (1999). The Poetic Edda. Oxford World's Classics. ISBN 0-19-283946-2 Lindow, John (2001). A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0. Näsström, Britt-Mari (1998) The Concept of the Goddess. Routledge. ISBN 0-415-19789-9 Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2 Simek, Rudolf (2007) trad. Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1

Categoría:Mitoloxía nórdica