Manuel Peña Rey, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade) o 7 de xuño de 1899 e finado en Ourense o 30 de abril de 1957, foi un médico e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|1933, Ourense. Banquete galeguista en homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Vicente Risco, Ramiro Isla Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xohán Luís Ramos Colemán e Manuel Peña Rey. Estudou o bacharelato en Pontevedra. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1915. Especializouse en xinecóloxía e foi discípulo de Manuel Varela Radío. Estableceuse en 1918 en Ourense, onde abriu catro anos despois o primeiro sanatorio da provincia. Durante a Segunda República Española foi director do Hospital Provincial (1931-1934) e presidente do Colexio de Médicos. Militante galeguista, chegou a presidir o Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO). Fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936, e ese mesmo ano volveu ser director do Hospital Provincial.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en agosto xunto con Vázquez de Parga. Estivo encarcerado no Carballiño e tardou máis de 8 anos en ser rehabilitado.Opinión Gallega, 185, xuño-1958, p. 4-5. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 29-1-1941, p. 464,
Vida persoal
Casou en Viascón con Celia Bouzas Barreiro en 1912,La Correspondencia Gallega, 1-7-1912, p. 2. e foi pai de María Esther, Marina, Celia, María de los Ángeles e Manuel Peña-Rey Bouzas, histórico dirixente do Partido Comunista de Galicia. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Nombres e historias de la Obstetricia y la Ginecología en Ourense: De Manuel Peña Rey (1918) al Congreso de la Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía (2011) Expediente de responsabilidades políticas de Manuel Peña Rey.
Categoría:Médicos de Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Represaliados polo franquismo