José Antúnez Pousa, nado en Estás (Tomiño) en 1945 e finado o 8 de agosto de 2023, foi un escultor galego.

Traxectoria Nace no seo dunha familia de canteiros. Comezou os seus estudos en Vigo ata 1961, onde recibe unha bolsa da Deputación de Pontevedra para ir Madrid á Escola de Artes e Oficios.

O granito galego e a súa peculiar textura e morfoloxía, influíron na obra deste escultor. Ás veces, acusa a influencia do desaparecido Xoán Piñeiro.

Obra pública Monumento a Avelino Vicente González, Centro cultural da Guarda. Monumento ó Cabaqueiro, praza do Calvario, O Rosal. Monumento ó Mariñeiro, 1991, porto da Guarda Monumento ó Pescador do Meixón, praza do Seixo, Tomiño Monumento a Alsirio Fernández Rodríguez, 1994, praza do Eirado, Mougás (Oia). Conxunto escultórico do Santuario de San Campio de Lonxe, Figueiró (Tomiño).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas A súa páxina persoal .

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1945

Categoría:Finados en 2023