Un sistema de escrita ou de escritura é un sistema de símbolos visuais impresos en papel ou calquera outro medio, usado para representar elementos expresábeis dunha lingua.

miniatura|dereita|550px|Sistemas de escrita no mundo.

Propiedades xerais Os sistemas de escrita diferéncianse doutros posíbeis sistemas de comunicación simbólica, en que un sistema de escrita está sempre asociado a, polo menos, unha lingua falada. Pola contra, as representacións visuais como debuxos, pinturas, e elementos non verbais nos mapas, como liñas fronteirizas, non están asociados a unha lingua. Algúns símbolos informativos, como os de home e muller, tampouco están asociados a ningunha lingua, porén poden chegar a formar parte da linguaxe se se presentan frecuentemente xunto con outros elementos lingüísticos. Algúns outros símbolos, como os números e o símbolo &, non están asociados a ningunha lingua específica, mais se usan habitualmente na escrita e, xa que logo, deben ser considerados como integrantes dun sistema de escrita.

Toda comunidade humana posúe unha lingua, moitas delas consideradas como unha condición innata e definitoria da condición humana. Así a todo, o desenvolvemento de sistemas de escrita e o proceso polo que se suplantan os sistemas orais tradicionais, ten sido esporádico, irregular e lento. Unha vez establecidos, os sistemas de escrita xeralmente cambian máis lentamente cos seus homólogos falados. Así, con frecuencia conservan características e expresións que xa non se usan na lingua falada. Unha das grandes vantaxes dos sistemas de escrita é que poden preservar un rexistro permanente de información expresada nunha lingua.

Todos os sistemas de escrita necesitan: Un conxunto de elementos básicos definidos ou símbolos, denominados individualmente caracteres, e colectivamente script. Polo menos un conxunto de regras e convencións (ortografía) entendidas e compartidas por toda a comunidade, e que dotan de significado aos elementos básicos (grafemas), ao seu ordenamento e ás relacións entre eles. Como mínimo unha lingua (xeralmente falada) cuxas construcións son representadas e que pode ser rememorada por medio da interpretación do seus elementos e regras. Algúns medios físicos de representación distintiva dos símbolos mediante a aplicación a un medio permanente ou semipermanente, de xeito que poidan ser interpretados (normalmente dun xeito visual, aínda que foron ideados tamén sistemas táctiles).

Terminoloxía básica miniatura|dereita|250px|Modelos de tipos e estilos de letras de 1728. O estudo dos sistemas de escrita seguiu camiños independentes nos distintos tipos de scripts, polo tanto a terminoloxía empregada difire dun a outro.

O termo xenérico texto refírese a calquera mostra de material escrito. O acto de compor e rexistrar nun medio axeitado é a escrita, e o acto de ver e interpretar un texto é a lectura. A ortografía é o método e as regras que se seguen na estrutura escrita (literalmente significa "escritura correcta"), e particularmente nos sistemas alfabéticos inclúe as normas para a correcta escrita das palabras.

Un grafema é a unidade básica dun sistema de escrita. Os grafemas, xunto con regras de correspondencia e uso, son os elementos significativos mínimos que, tomados xuntos, compoñen os bloques cos que se poden construír os textos nun o máis sistemas de escrita. O concepto é semellante ao de fonema, usado no estudo de linguaxes faladas. Así, no sistema de escrita do galego baseado no latín, son exemplos de grafemas as 23 letras do alfabeto galego, tanto na forma maiúscula como na minúscula; os 6 dígrafos (ch, gu, ll, nh, qu, rr); algunhas letras (ç, j, k, w, y) usadas nos estranxeirismos; algunhas abreviaturas e símbolos como os números e os logogramas.

Un grafema concreto pode ser representado de moitas formas, nas que as variacións son visíbeis dunha ollada, pero todas elas se interpretan como representación do mesmo grafema. Estas variacións individuais son coñecidas como alógrafos do grafema (compárese co termo lingüístico alófono). Por exemplo, a letra minúscula "a" ten diferentes alógrafos cando se escribe en cursiva ou negra, e nos distintos tipos de letra. A elección dun alógrafo está influenciada polo medio para o rexistro, o instrumento de escrita, a elección estilística do escritor, os grafemas anteriores e posteriores no texto, o tempo dispoñíbel para a escrita, a audiencia a quen vai dirixida, e unha gran cantidade de características inconscientes da escrita manual individual.

Os termos glifo, signo e carácter úsanse ás veces para se referir ao grafema. A elección varía dunha disciplina a outra; compárese cando se fala dos signos cuneiformes, dos glifos maias ou dos caracteres chineses. Os glifos da maioría dos sistemas de escrita están feitos con liñas (ou trazos), polo que se lle chaman lineais. Porén, hai sistemas de escrita non lineais nos que os glifos fanse con outro tipo de marcas como o cuneiforme e o braille.

Os sistemas de escrita son sistemas conceptuais, como tamén o son as linguas ás que se refiren. Os sistemas de escrita poden ser considerados como completos cando son capaces de representar toda a extensión dos significados expresados pola lingua falada.

Historia dos sistemas de escrita miniatura|100px|Algúns dos símbolos do sistema de escrita Jiahu.

Os sistemas de escrita foron precedidos pola protoescrita, sistemas ideográficos e/ou símbolos mnemotécnicos. Os exemplos mellor coñecidos son: Símbolos de Jiahu, gravados nunha casca de tartaruga en Jiahu (China) cara 6600 AC. Signos Vinča (Táboas de Tartaria), cara 5300 AC. Scripts hindús temperáns, cara 3500 AC.

A invención dos primeiros sistemas de escrita coincide aproximadamente co comezo da Idade de Bronce, no Neolítico tardío a finais do 4º milenio AC. A escrita cuneiforme do sumerio arcaico e os xeróglifos exipcios son considerados comunmente como os sistemas de escrita máis antigos, os dous xorden dos seus ancestrais símbolos protoalfabéticos do período 3400-3200 AC cos primeiros textos coherentes arredor de 2600 AC. Está xeralmente aceptado que a escrita sumeria foi unha invención independente; porén se discute se a escrita exipcia desenvolveuse completamente independente da sumeria, ou se foi un caso de difusión cultural.

Hai un debate similar co Script chinés, que se desenvolveu arredor do 1200 AC.

Está xeralmente aceptado que os sistemas de escrita precolombianos de Mesoamérica (entre outros o scripts olmeca e maia) tiveron unha orixe independente.

Crese que o primeiro escrito baseado nun alfabeto consonántico apareceu antes do 2000 AC como unha representación da linguaxe desenvolvida polas tribos semitas da península do Sinaí. Moitos outros alfabetos actuais quer evolucionaron desta innovación, moitos a través do alfabeto fenicio, quer foron directamente inspirados polo seu deseño.

O primeiro alfabeto auténtico é o grego que representa vogais dun xeito consistente desde o 800 ACCoulmas (1996)Millard (1986) páx. 396. O alfabeto latino, descendente directo do grego, é con moito o máis común dos sistemas de escrita en usoHaarmann (2004) páx. 96.

Clasificación funcional dos sistemas de escrita miniatura|dereita|Libro de texto de Puyi onde se observa o alfabeto inglés. Aínda que as letras inglesas van de esquerda a dereita, as explicacións en chinés van de arriba a abaixo, como tradicionalmente se escribe. Téñense feito varias clasificacións dos sistemas de escrita. A máis común e básica delas é a que divide os sistemas en tres amplos tipos: logográficos, silábicos e alfabéticos (ou segmentarios). Porén, os tres tipos poden atoparse en calquera sistema de escrita en diferentes proporcións, facendo con frecuencia difícil clasificar un sistema dun modo único. O termo sistema complexo úsase ás veces para describir aqueles sistemas nos que esta amálgama fai problemática a clasificación. Lingüistas modernos teñen en conta estas aproximación.

Os principais intentos de clasificación son:

a) A clasificación de DiringerDavid Diringer (1962): Writing. London. é demasiado simplista, con frecuencia considera incomparábeis as cinco categorías en que clasifica aos sistemas: pictográficos, ideográficos, analíticos de transición, fonéticos e alfabéticos.

b) HillArchibald Hill (1967): The typology of Writing systems. En: William A. Austin (ed.), Papers in Linguistics in Honor of Leon Dostert. The Hague, 92–99. divide a escrita en tres categorías principais de análise lingüística, unha das cales inclúe discursos e non se considera como un sistema de escrita propio: Tipo Subtipo Subtipo 2 Exemplos Discursivo Icónico Amerindio " Convencional Quipu Morfémico Xeróglifo exipcio, Sumerio, Maia, Chinés Fonémico Parcial Demótico exipcio, Hebreo, Árabe " Polifonémico Lineal B, Kana, Cherokee " Monofonémico Fonémico Grego antigo, Inglés antigo " " Morfofonémico Alemán, Inglés moderno

c) DeFrancisJohn DeFrancis (1989): Visible speech. The diverse oneness of writing systems. Honolulu , nunha crítica da introdución de Sampson da escrita semasiográfica e os alfabetos trácicos (featural alphabets)Geoffrey Sampson (1986): Writing Systems. A Linguistic Approach. London , enfatiza a calidade fonográfica da escrita correcta: imaxes non escritas escritas xeróglifos sistemas silábicos silábicos puros, exemplos: Linear B, Yi, Kana, Cherokee morfosilábicos, exemplos: Sumerio, Chinés, Maia consonánticos morfoconsonánticos, exemplo: Exípcio consonánticos puros, exemplo: Fenicio alfabéticos fonémicos puros, exemplo: Grego morfofonémicos, exemplo: Inglés d) FaberAlice Faber (1992): Phonemic segmentation as an epiphenomenon. Evidence from the history of alphabetic writing. En: Pamela Downing et al. (ed.): The Linguistics of Literacy. Amsterdam. 111–134. categoriza a escrita fonográfica en dous niveis, lineal e codificado: Tipo Subtipo Subtipo 2 Exemplos Logográfico Chinés, Exipcio antigo Fonográfico Silabicamente lineal Codificado silabicamente Kana, Acadiano " " Segmentariamente codificado Hebreo, Siríaco, Árabe, Etíope, Amharico, Devanágari " Segmentariamente lineal Completo (alfabeto) Grecolatino, Cirílico " " Defectivo Ugarítico, Fenicio, Arameo, Surarábico, Paleo-hebraico

e) Daniels engade aos tres grandes grupos (logográficos, silábicos e alfabéticos) un cuarto grupo, o trácico: Tipo Subtipo Cada símbolo representa Exemplo Logográfico morfema Caracteres chineses Silábico sílaba ou mora Xaponés kana Alfabético fonema (consoante ou vogal) Alfabeto latino " Abugida fonema (consoante+vogal) Indio Devanágari " Abjad fonema (consoante) Alfabeto árabe Trácico trazo fonético Coreano hangul

Sistemas de escrita logográficos 150px|miniatura|Carácter arcaico chinés para "sol" (ri), 1200 A.C. miniatura|150px|Carácter moderno chinés (ri) co significado sol ou día

As formas de escrita máis antigas que se coñecen foron primariamente de natureza logográfica, isto é, baseadas en elementos pictográficos e ideográficos.

Un logograma é un carácter escrito simple que representa unha palabra gramatical completa. A maioría dos caracteres chineses clasifícanse como logogramas.