.me é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Montenegro. O dominio de nivel superior .me substituíu a .yu (Iugoslavia) e .cg.yu empregado por Serbia e Montenegro. O rexistro .me é operado por doMEn, que gañou o contrato para facelo despois dun proceso aberto polo goberno de Montenegro e foi lanzado a través de numerosas rexistracións acreditadas arredor do mundo.

Estrutura de dominios .me A extensión .me foi asignada a Montenegro como código de país despois de que se convertese nunha nación independente en xuño de 2006. Porén, o goberno de Montenegro decidiu que .me debería ser operado como un nome xenérico despois de considerar o potencial mundial da extensión.

Os rexistros de terceiro nivel están dispoñibles para os cidadáns e compañías montenegrinos nos seguintes eidos:

.co.me - sen limitación de rexistros, pero reservado para corporacións .net.me - sen limitacións de rexistros, pero reservados para provedores de servizos de Internet .org.me - sen limitacións de rexistros, pero reservado para organizacións e asociacións civís .edu.me - institucións educativas, como escolas de primaria e institutos .ac.me - Organizacións académicas e de ensino superior como universidades .gov.me - autoridades do estado e do goberno .its.me ou .priv.me - sen limitacións de uso, pero reservado a uso persoal

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A páxina de rexistro de dominios de Montenegro

me Categoría:Montenegro