Ramón Vázquez Díaz, nado en Lugo en 1973, é un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre e orientador de Primaria. Militante de Esquerda Unida, foi candidato a concelleiro en Lugo e encabezou a lista de Esquerda Unida ao Congreso por Lugo nas eleccións xerais de 2011. En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo e foi elixido deputado.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia pola AGE Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos de Esquerda Unida Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes