A tempada 2010-2011 da Kontinental Hockey League foi a terceira tempada da competición eurasiática de hóckey sobre xeo. A liga estivo formada por un total de 23 equipos (un menos que na tempada precedente) repartidos en dúas conferencias (leste e oeste) de dúas divisións dada unha. Cada equipo xogou un total de 54 partidos. Ao final da liga regular, o Avangard Omsk gañou a Continental Cup ao finalizar na primeira posición, pero tralos playoffs polo título foi o Salavat Yulaev Ufa quen se alzou co título da liga. A liga comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup, e finalizou o día 6 de abril de 2011 coa disputa do quinto e definitivo partido da final da Copa Gagarin.

Trocos na liga Trocos nos equipos Saída da competición do Lada Togliatti O Lada Togliatti abandonou a KHL para pasar a competir na Vysshaya hokkeinaya liga logo de non poder cumprin os requisitos financeiros da KHL.

Fusión do HC MVD e o Dynamo Moscova O 30 de abril do 2010, anunciouse que o HC MVD (finalista na tempada anterior) se fusionaría co Dynamo Moscova para formar o OHK Dynamo, pasando a xogar a meirande parte dos seus partidos no Megasport Arena de Moscova, xogando tamén algúns partidos en Balashikha. O plan é contar cun novo espazo moderno e máis grande en Balashikha no 2012.Святослав Петрушко: ОХК «Динамо» будет играть и в Москве, и в Балашихе

Equipos de expansión Na data límite de admisión do 1 de abril de 2010, seis novos equipo de catro países diferentes solicitaran ingresar na KHL nese ano: o Yugra de Khanty-Mansiysk, Krylya Sovetov de Moscova e o Gazovik de Tyumen por parte de Rusia; o HC Budivelnyk de Kíiv por parte de Ucraína; o HC Lev de Hradec Králové por parte da República Checa; e o Vėtra Vilnius de Vilnius por parte de Lituania.Завершен прием заявок от клубов, желающих вступить в КХЛ Destes equipos, o Budivelnyk e o Yugra foron aceptados na KHL inicialmente, mais o 24 de xuño de 2010, o equipo ucraíno anunciou que non xogaría na KHL durante a tempada 2010-11 porque o seu estadio aínda non estaba listo. O 16 de xullo de 2010, o HC Lev, que durante a liga se trasladara a Poprad (Eslovaquia, foi aceptado na KHL, mais logo de que a federación eslovaca se atrasara en autorizar a participación do equipo, a KHL excluíuno para a tempada 2010–11.«Лев» не сыграет в ближайшем сезоне

Reestruturación das divisións A saída da competición do Lada, a fusión entre o HC MVD e o Dynamo de Moscova, e a chegada á competición do Yugra obrigou a facer reaxustes na configuración dalgunhas disivións: na División Tarasov, o HC MVD foi substituído polo Dynamo Minsk, que abandonou a División Bobrov, quedando esta división con tan só 5 equipos (a máis pequena da competición); na División Kharlamov, o Yugra substituíu o Lada.

Outros trocos Formato dos Play-offs Ao contrario que nas edicións anteriores da liga, tódalas series do play-off foron xogadas ao mellor de sete partidos.Контуры сезона

Prohibición de Vuvuzelas A administración da KHL prohibiu explicitamente a venda e uso de vuvuzelas nos estadios de hóckey sobre xeo.КХЛ налагает запрет на использование вувузел

Equipos participantes

Xogadores Na terceira edición da KHL tomaron parte un toyal de 670 xogadores procedentes de 14 países distintos:Totals by Nationality ‑ 2010-2011 Stats

PaísXogadores en activo(2010–11) Rusia (20 equipos) 469 Eslovaquia 40 República Checa 37 Kazakhstán (1 equipo) 31 Letonia (1 equipo) 28 Canadá 25 Belarús (1 equipo)18 Ucraína 17 Finlandia 16 Suecia 14 Estados Unidos 7 Noruega 1 Alemaña 1 Austria 1 TOTAL670

Liga regular A liga regular comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup entre o Ak Bars Kazan (campión da tempada anterior) e o Dynamo Moscova (o finalista da tempada anterior fora o HC MVD, mais os problemas financeiros do club fixeron que se fusionase co HC Dynamo). Houbo pequenos paróns en novembo, decembro e febreiro por mor dos partidos internacionais e o partido das estrelas. Cada equipo xogou un total de 54 partidos durante esta fase.

Eventos salientables Draft de 2010 O 4 de xuño de 2010 tivo lugar en Moscova o segundo draft da KHL, no que xogadores de todo o mundo entre os 17 e os 21 anos puideron ser elixidos para competir na tempada 2010-11 na KHL, MHL ou VHL. Dos 690 xogadores participantes, 490 xogaban en Rusia, 100 en Europa e 100 en América.Участники Драфта: списки A primeira elección do draft foi o checo Dmitrij Jaškin (xogador do VHK Vsetín), seleccionado polo Sibir de Novosibirsk

Opening Cup O primeiro partido da liga é tradicionalmente a "Opening Cup", que é xogado polos finalistas da Copa Gagarin da tempada anterior. Debido a que o finalista da tempada anterior, o HC MVD, se fusionou co Dynamo Moscova por problemas financeiros formando o OHK Dynamo, o campión de liga da tempada anterior e defensor do título, o Ak Bars Kazan e o novo OHK Dynamo disputáronse este título. O partido tivo lugar o 8 de setembro de 2010 no TatNeft Arena de Kazán, e o equipo moscovita derrotou por 3-1 ao equipo local, gañando o trofeo por primeira vez na súa historia.

Partidos de exhibición entre equipo da KHL e a NHL

Os Carolina Hurricanes xogaron fronte ao SKA San Petersburgo no Ice Palace de San Petersburgo (Rusia) ante 12.000 espectadores o 4 de outubro de 2010, gañando os rusos por 5 goles a 3. Por outra banda, os Phoenix Coyotes xogaron fronte ao Dinamo Riga no Arena Riga de Riga (Letonia) ante 10.520 espectadores o 6 de outubro dese mesmo ano, gañando os estadounidenses por 1 gol a 3.Exhibition game KHL – NHL publicado pola Kontinental Hockey League

Partido en Suíza O 23 de decembro de 2010, antes do inicio da Spengler Cup, os dous participantes da KHL (SKA San Petersburgo e Spartak Moscova, xogaron un partido oficial da liga regular no Vaillant Arena de Davos (Suíza). Foi o primeiro partido da KHL xogado en Europa Central.

Partido das Estrelas O Fin de semanda das Estrelas tivo lugar os días 5 e 6 de febreiro de 2011 no Ice Palace de San Petersburgo ante 10.127 espectadores.

Acontecementos O 5 de outubro de 2010, o checo Jan Marek (CSKA) converteuse no primeiro xogador estranxeiro en conseguir anotar 100 goles na liga. Catro días antes, o canadense David Nemirovsky (Dynamo Minsk) lograra esta marca, aínda que non é considerado estranxeiro, xa que o xogador posúe tamén a cidadanía rusa. O 10 de outubro de 2010, Aleksandr Radoulov (Salavat Yulaev) anotou un gol contra o Yugra aos seis segundos de xogo, converténdose no gol máis rápido da historia do campionato. O 10 de decembro de 2010, o partido entre Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk comezou cunha pelexa tras seis segundos de xogo. O adestrador dos moscovitas Andrei Nazarov alineou a cinco atacantes (Serguei Belokon e catro enforcers, Darcy Verot, Ivan Larine, Denis Sergueïev, Josh Gratton) dende o saque inicial para atacar os titulares do Avangard.www.championat.ru Os titulares Roman Červenka, Aliakseï Kalioujny, Marek Svatoš, Martin Škoula, Alekseï Bondarev e Karri Rämö opuxéronse. Červenka e Škoula foron hospitalizados. Once meses antes, durante un partido entre estes dous equipos fora suspendido por outra pelexa multitudinaria. O Avangard gañou o partido por 3-2. O equipo de Omsk escribiu unha nota de prensa pedindo a expulsión da KHl do Vityaz e que se suspendera aos dirixentes e ao cadro do Vityaz.Comunicado do Avangard en www.hawk.ru Ao día seguinte, a comisión disciplinaria atopou infraccións e suspendeu aos seguintes xogadores: Belokon (3 partidos), Verot (2 partidos), Larine (4 partidos), Gratton (5 partidos). Ademais, e conforme ao artigo 29 que pretende evitar as lesións graves, estas sancións foron revisadas, polo que Verot, Larine, Belokon e Gratton foron sancionados con 14, 14, 18 e 20 partidos de sanción respectivamente. O adestrador Nazarov foi multado con 400.000 rublos polas lesións causadas a seis xogadores contrario. O Avangard e o seu director xeral Anatoli Bardine foron sancionados con 100.000 rublos por violación das regras durante o xogoComunicado en www.khl.ru . O director xeral do Vityaz Alekseï Jamnov foi tamén sancionado con 150.000 rublos.

Lenda Fonte: KHL.ru

PX: Partidos xogados GF: Goles a favor GC: Goles en contra Pts: Puntos

Os puntos repártense do seguinte xeito: 3 Puntos pola vitoria no tempo regulamentario ("V") 2 Puntos pola vitoria no tempo extra ("OTW") ou por penaltis ("SOW") 1 Puntos pola derrota no tempo extra ("SOL") ou por penaltis ("OTL") 0 Puntos pola derrota no tempo regulamentario ("D")

    Campión de División     Clasificado para os playoffs

Clasificación das divisións Conferencia Oeste División Bobrov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts UHC Dynamo54 28 1 1 4 4 16 149 131 96 SKA San Petersburgo54 23 3 6 5 4 13 171 144 96 Spartak Moscova54 24 1 1 3 3 22 129 142 82 Dinamo Riga54 20 2 5 5 2 20 160 149 81 CSKA Moscova54 13 0 7 4 2 28 136 169 59

División Tarasov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Lokomotiv Yaroslavl54 33 1 1 4 1 14 203 143 108 Atlant Moscow Oblast54 21 4 7 4 2 16 138 115 91 Severstal Cherepovets54 25 2 3 0 4 20 145 142 89 Dinamo Minsk54 17 3 5 5 2 22 150 155 74 Torpedo Nizhny Novgorod54 18 5 3 1 2 25 144 151 73 Vityaz Chekhov54 13 1 3 3 2 32 119 178 52

Conferencia Leste División Kharlamov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Ak Bars Kazan54 29 2 3 5 3 12 181 133 105 Metallurg Magnitogorsk54 27 1 5 3 4 14 167 141 100 Yugra Khanty-Mansiysk54 22 0 6 6 3 17 145 151 87 Neftekhimik Nizhnekamsk54 22 1 2 1 2 26 159 162 75 Traktor Chelyabinsk54 14 6 2 5 1 26 142 166 64 Avtomobilist Ekaterinburg54 10 6 4 2 1 31 134 184 53

División Chernyshev PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Avangard Omsk54 31 9 2 2 1 9 176 120 118 Salavat Yulaev Ufa54 29 5 4 4 0 12 210 144 109 Sibir Novosibirsk54 22 2 4 1 4 21 133 131 83 Barys Astana54 20 2 2 6 3 21 155 152 77 Amur Khabarovsk54 13 1 1 3 4 32 112 173 50 Metallurg Novokuznetsk54 8 1 3 4 5 33 105 186 41

Clasificación das conferencias As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.

Conferencia Oeste XP V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Lokomotiv Yaroslavl54 33 1 1 4 1 14 203 143 108 UHC Dynamo54 28 1 1 4 4 16 149 131 96 SKA San Petersburgo54 23 3 6 5 4 13 171 144 96 Atlant Moscow Oblast54 21 4 7 4 2 16 138 115 91 Severstal Cherepovets54 25 2 3 0 4 20 145 142 89 Spartak Moscova54 24 1 1 3 3 22 129 142 82 Dinamo Riga54 20 2 5 5 2 20 160 149 81 Dinamo Minsk54 17 3 5 5 2 22 150 155 74 Torpedo Nizhny Novgorod54 18 5 3 1 2 25 144 151 73 CSKA Moscova54 13 0 7 4 2 28 136 169 59 Vityaz Chekhov54 13 1 3 3 2 32 119 178 52

Fonte: khl.ru

Conferencia Leste XP V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Avangard Omsk54 31 9 2 2 1 9 176 120 118 Ak Bars Kazan54 29 2 3 5 3 12 181 133 105 Salavat Yulaev Ufa54 29 5 4 4 0 12 210 144 109 Metallurg Magnitogorsk54 27 1 5 3 4 14 167 141 100 Yugra Khanty-Mansiysk54 22 0 6 6 3 17 145 151 87 HC Sibir Novosibirsk54 22 2 4 1 4 21 133 131 83 Barys Astana54 20 2 2 6 3 21 155 152 77 Neftekhimik Nizhnekamsk54 22 1 2 1 2 26 159 162 75 Traktor Chelyabinsk54 14 6 2 5 1 26 142 166 64 Avtomobilist Ekaterinburg54 10 6 4 2 1 31 134 184 53 Amur Khabarovsk54 13 1 1 3 4 32 112 173 50 Metallurg Novokuznetsk54 8 1 3 4 5 33 105 186 41

Source: khl.ru

Líderes da liga Fonte: khl.ruKHL Statistics: Skaters, en KHL.ruKHL Statistics: Goalies, en KHL.ru

{| class="wikitable" style="text-align:left;" |- || Goles || Roman Červenka (Omsk)|| 31 |- || Asistencias || Alexander Radulov (Ufa) || 60 |- || Puntos || Alexander Radulov (Ufa) || 80 |- || Disparos a portería || Kevin Dallman (Astana) || 225 |- || Plus/minus || Alexei Morozov (Kazan)|| +27 |- || Penalty minutes || Darcy Verot (Chekhov) || 182 |- || Vitorias (porteiros) || Karri Rämö (Omsk)|| 33 |- || Goals against averageMedia de goles en contra || Konstantin Barulin (Mytischi) || 1.91 |- || Porcentaxe de paradas || Vitali Yeremeyev (Astana) || 92.7 |- || Shutouts || Dominik Hašek (Moscova) || 7 |} Porteiros: mínimo 15 partidos xogados.