Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas."Figuras homenaxeadas" RAG.

Traxectoria Estudou a carreira eclesiástica en Santiago, onde aprendeu latín, filosofía, teoloxía e dereito canónico, até 1862, cando foi ordenado presbítero polo cardeal Miguel García Cuesta. Ó ano seguinte marchou a Madrid e licenciouse en Sagrada Teoloxía. Na Escola Superior de Diplomática dedicouse durante tres anos á transcrición de documentos galegos do Arquivo Histórico Nacional, e rematou conseguindo o título de arquiveiro bibliotecario.

En 1866 regresou a Galicia como párroco de Santa Eulalia de Vedra, desde onde continuou publicando artigos sobre as súas investigacións históricas. En agosto de 1871 foi nomeado cóengo do Cabido compostelán. En 1872 dirixiu o periódico carlista La Emancipación. Desde o seu posto de cóengo puido acceder ao arquivo documental da catedral, e aproveitalo para realizar traballos de investigación, labor no que destaca a creación da revista Galicia Histórica (publicada entre 1901 e 1903).

En 1892 foi nomeado correspondente da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e socio correspondente da Real Academia da Historia. Foi presidente da sección arqueolóxica da Exposición Rexional de 1909.

Cultivou a novela histórica, xénero de enorme vixencia no Romanticismo que até o momento non fora tratado na literatura galega. En 1905 foi elixido académico de número da Real Academia Galega. miniatura|Nas novelas de López Ferreiro abundan os relatos históricos ambientados na Galicia rural. A partir de 1871, tras a súa designación como cóengo do Cabido da Catedral de Santiago de Compostela, fixaría a súa residencia na rúa do Castro durante un bo número de anos, e posteriormente -até o seu falecemento- no número 16 da rúa da RaíñaAntonio López Ferreiro na páxina do CEIP López Ferreiro..

Obra

Obra literaria Deixou tres novelas históricas:

A tecedeira de Bonaval (1894) mestura unha historia de amor e os acontecementos sociopolíticos da Galicia do século XVI: o enfrontamento entre a burguesía e a Igrexa compostelás.A tecedeira de Bonaval, 2ª ed. en Galiciana. O Castelo de Pambre. Leenda do sigro XIVO Castelo de Pambre en Galiciana. (1895) narra acontecementos históricos da segunda metade do século XIV en terras da Ulloa. Como na anterior novela, alterna unha historia de amor coa exposición do conflito nobiliario entre Gonzalo Ozores de Ulloa e outros nobres partidarios da Casa de Trastámara. Escrita co pseudónimo de K, foi reeditada en 1996 por Manuela Álvarez Lozano. Foi traducida ao castelán. O niño de pombas (1905), de temática amorosa, esta ambientada na Galicia do século XII, co Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro como pano de fondo da acción. Foi tamén publicada co pseudónimo de K.

O propósito historiográfico fai que López Ferreiro inclúa nas tres novelas descricións de monumentos e transcricións de documentos históricos. miniatura|Fotografía post mortem de López Ferreiro. O autor tiña plena conciencia do seu labor a prol da resurrección e rehabilitación do idioma galego. É asombrosa a súa riqueza de léxico e sintaxe, en ocasións incluíndo arcaísmos recuperados da documentación medieval.

Ensaios

El protestantismo y los errores que de él se derivan: racionalismo y panteísmo (1862). La Historia de Compostela y su reprobación crítica por Masdeu (1866). Leyenda sobre la vida de San Pedro de Mezonzo (1872). El Sepulcro del Apóstol Santiago (1882). Galicia en el último tercio del siglo XV (Biblioteca Gallega, 2 t., 1885).Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª ed. en Galiciana. El Pórtico de la Gloria (1886). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela (1898-1911, once tomos).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Vicente. "Antonio López Ferreiro" . Diccionario Biográfico Español. Real Academia da Historia

Ligazóns externas Real Academia Galega et alii (2011): Catálogo de novela histórica galega, UDC.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Medievalistas Categoría:Historiadores de Galicia