John Bartlett, nado en Plymouth (Massachusetts) en 1820 e finado en 1905, foi un escritor e editor norteamericano.
Traxectoria Foi un neno esperto, que comezou a ler aos tres anos, e con nove leu toda a Biblia. Cando tiña dezaseis anos marchou a Cambridge (Massachusetts) e traballou na librería que fornecía a Harvard. En 1849 adquiriu a librería. Coñecido pola súa memoria para as citas, comezou a recollelas e en 1855 publicou a primeira edición de Familiar Quotations, que nas súas 258 páxinas tiña entradas de 169 autores, aínda que a terceira parte formábana citas da Biblia e das obras de William Shakespeare.
En 1862 vendeu a librería e durante a guerra civil americana serviu na U.S. Navy. En 1863 entrou na editorial Little, Brown and Company, e nese ano apareceu a cuarta edición do seu libro de citas por esa editorial, que segue a publicala e revisala actualmente.
Bartllet tamén escribiu libros de xadrez e pesca e compilou un libro de concordancias de Shakespeare, Complete Concordance to Shakespeare's Dramatic Works and Poems (1894), que aínda é o libro estándar da súa clase.
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Plymouth, Massachusetts Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa