280px|miniatura|dereita|Vista do porto dende o sur.

O Porto de Navacerrada é un porto de montaña situado a 1.858 metros de altitude, na Serra de Guadarrama (Sistema Central), na fronteira entre as provincias de Madrid e Segovia. Na parte superior atópase a estación de esquí do mesmo nome, provista de varios hoteis, apartamentos e restaurantes.

Estrada Este porto e o paso natural entre os montes de Siete Picos (ó oeste) e Bola del Mundo (ó leste), e está atravesado por unha estrada autonómica que recibe a denominación M-601 na vertente madrileña e CL-601 na vertente segoviana. Esta estrada comunica o concello de Collado Villalba co de Segovia.

O Porto de Navacerrada é empregado con frecuencia como paso montañoso pola organización da Vuelta a España. Trátase dun dos destinos clásicos desta carreira ciclista. Estación de esquí A estación de esquí é unha das máis visitadas en España, contando cunha estación de ferrocarril propia, da liña C-9 de Cercanías Madrid.

As súas 14 pistas divídense en: 12px Pistas Verdes = 2 12px Pistas Azuis = 7 12px Pistas Vermellas = 3 12px Pistas Negras = 2

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web oficial da estación de esquí

Categoría:Estacións de esquí de España Navacerrada Categoría:Xeografía da Comunidade de Madrid