Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 179 habitantes (79 homes e 100 mulleres), 61 menos ca en 1999.

Situación xeográfica Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.

Historia En Tines atopáronse restos de diferentes épocas históricas. A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII. Atopáronse vestixios romanos nas escavacións feitas en 1954, se ben algúns dos vestixios foron destruídos.

Apareceu material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez. Tamén apareceron sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI. Tamén se descubriron vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.

Xunto aos sarcófagos pétreos apareceu a estela romana de Vitorino ou estela de Tines. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións. Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV, pola aparición da fórmula "". Consérvase no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Lugares e parroquias Lugares de Tines

Parroquias de Vimianzo

Notas

Véxase tamén Bibliografía ARMADA PITA, Xosé Lois: "El culto a Santa Eulalia y la cristianización de "Gallaecia", Algunos testimonios arqueológicos", 2003, ISSN 0210-7694 .

Outros artigos Lugares de Vimianzo

Categoría:Parroquias de Vimianzo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia