miniatura|250px|Estalagmita.
Unha estalagmita (do grego σταλαγμίτης stalagmítēs, de σταλαγμίας stalagmías, "gota")σταλαγμίας, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no solo dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. A formación correspondente no teito da cova coñécese como estalactita. Se ambas as formacións, enfrontadas, crecen o suficiente como para encontrarse, o resultado denomínase columna ou piar.
A formación de estalagmitas ocorre só baixo certas condicións de pH no interior da caverna.Hogan, Michael (2010): Calcium. eds. A. Jorgensen, C. Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment.
A estalagmita máis alta do mundo encóntrase na cova de Zhin Jin, China, e ten 70 m de altura.Revista Muy Interesante, edición de xaneiro de 2007, p. 69.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Schabdach, Hardy (1998): Die Sophienhöhle im Ailsbachtal – Wunderwelt unter Tage. Verlag Reinhold Lippert, Ebermannstadt. ISBN 3-930125-02-1.
Outros artigos Carso Cova Covas de Galicia Espeleoloxía Estalactita
Ligazóns externas Cova de El Soplao, Cantabria (España) Consultada o 06/09/2012. The Virtual Cave. Stalagmites Consultada o 06/09/2012.
Categoría:Espeleoloxía Categoría:Xeomorfoloxía