Kosmos 259 (Космос 259 en ruso), tamén denominado DS-U2-I Nº 3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de decembro de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.

Características Kosmos 259 foi o terceiro e último membro do modelo de satélites DS-U2-I. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e investigar como se propagan as ondas de radio VLF pola mesma, labor comezada cos seus predecesores Kosmos 119 e Kosmos 142. Kosmos 259 foi inxectado nunha órbita inicial de 1353 km de apoxeo e 219 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 100,2 minutos. Reentrou na atmosfera o 5 de maio de 1969.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos DS-U2-I Kosmos 119 Kosmos 142

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-I