Aston Martin Lagonda Limited é un fabricante británico de automóbiles de luxo. Foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford. Posúe a súa sede en Gaydon, Warwickshire, Inglaterra. O nome da compañía é derivado do nome do seu fundador, Lionel Martin, e da competición Aston Clinton Hillclimb preto de Aston Clinton en Buckinghamshire.
Dende 1994 ata 2007, Aston Martin foi parte de Ford Motor Company, pasando a ser parte do grupo Premier Automotive Group no 2000. No 12 de marzo do 2007, foi mercada por 479 millóns de libras por unha sociedade conxunta, encabezada por David Richards, John Singers, un banqueiro de investimentos estadounidense; e dúas compañías de investimento kuwaitís, Investment Dar e Adeem Investment. Ford retivo 77 millóns de dólares estadounidenses (ou o 12,1%) de participacións, valorando a compañía en 925 millóns de dólares.Ford sells Aston Martin for $925 million at egm CarTech, 12 de marzo de 2007
En decembro de 2012, o fondo de capital privado italiano Investindustrial asinou un acordo para comprar o 37´5% de Aston Martin, e investir 150 millóns de libras como un aumento de capital.
Historia miniatura|Aston Martin 2 - Litros 2/4-Seater Sports 1937
Fundación Aston Martin foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford os dous uniron forzas como Bamford & Martin o ano anterior para vender automóbiles fabricados por Singer desde o local da rúa Callow en Londres, onde tamén vendíanse vehículos GWK e Calthorpe. Martin correu subidas en Aston Hill cerca de Aston Clinton, e a parella decidiu facer os seus propios vehículos. O primeiro coche que chamado Aston Martin foi creado por Martin montando un motor de catro cilindros Coventry-Simplex no chasis dun Isotta-Fraschini de 1908.
Adquiriron locais en Henniker MewsMews News . Lurot Brand. Published Spring 2009. Retrieved 24 de setembro de 2013. en Kensington e produciron o seu primeiro coche en marzo de 1915. A produción non puido iniciarse debido ao estalido da primeira guerra mundial, Martin uniuse ao Almirantado e Bamford á Royal Army Service Corps. Toda a maquinaria foi vendida á Sopwith Aviation Company.
Anos de entre guerras Logo da guerra, a compañía foi refundada en Abingdon Road, Kensington e foi deseñado un novo coche co nome de Aston-Martin. En 1920 Bamford deixou a compañía, que revitalizouse co financiamento do Conde Louis Zborowski. En 1922, Bamford & Martin producen coches para competir no Gran Premio de Francia, que logrou establecer marcas mundiais de velocidade e resistencia en Brooklands. Foron construídos tres coches oficiais con 16 válvulas Motores twin cam para a competición e para lograr marcas: o número de chasis 1914, máis tarde desenvolveuse como o Green Pea (guísante verde), o número de chasis 1915, o Razor Blade (navalla de afeitar) logrou as marcas e o número de chasis 1916, máis tarde desenvolveuse como o Halford Especial.
Foron construídos aproximadamente 55 coches para a venda en dúas configuracións, chasis longo e chasis curto. A compañía declarouse en creba en 1924 e foi comprada por Lady Charnwood, quen puxo ao seu fillo John Benson ao mando. A compañía volveu quebrar en 1925 e a fábrica pechou en 1926, coa saída de Lionel Martin.
Máis tarde ese ano, Bill Renwick, Augusto (Bert) Bertelli e os envestidores que incluían á Señora Charnwood tomaron o control da empresa. Cambiouse o nome á Aston Martin Motors e trasladáronse á antiga fábrica de Whitehead Aircraft Limited en Feltham. Renwick & Bertelli foran en colaboradores algúns anos e desenvolveran un motor de catro cilindros e árbore de levas usando deseño da cámara de combustión patentada de Renwick, que probaran nun chasis de Enfield Allday. O único automóbil "Renwick & Bertelli " feito, era coñecido como a "caixa mecánica" e aínda sobrevive.
A parella planeara vender os seus motores aos fabricantes de automóbiles, pero logo de oír que Aston Martin xa non estaba na produción déronse conta de que podían sacar provecho da súa fama a poñer en marcha a produción dun coche completamente novo.
Entre 1926 e 1937 Bertelli era á vez director técnico e deseñador de todos os novos Aston Martins, foron coñecidos como "coches Bertelli". Entre eles, os de litro e medio "tipo T", "internacional", "Le Mans", "MKII" e o seu derivado de carreiras, o "Ulster", e o de 2 litros 15/98 e o seu derivado de carreiras, o "Model Speed". A maioría eran coches deportivos de dúas prazas abertos carrozados polo irmán de Bert Bertelli Enrico (Harry), e un pequeno número de turismos co chasis longo de catro prazas, tamén produciron convertibeis e rancheiras.
Bertelli era un piloto competente disposto pilotar os seus coches, un dos poucos propietario/fabricante/piloto. Os coches do equipo "LM" tiveron moito éxito nas carreiras nacionais e internacionais incluíndo Le Mans e a Mille Miglia.
Os problemas financeiros reapareceron en 1932. A compañía foi rescatado durante un ano por L. Prideaux Brune antes de vendelo a Sir Arthur Sutherland. En 1936, Aston Martin decidiu concentrarse nos coches de estrada, produciron só 700, ata que o pararon pola segunda guerra mundial. Durante a guerra produciron compoñentes de avións.
Era David Brown right|miniatura|1958 Aston Martin DB Mark III
En 1947, o fabricante de tractores David Brown Limited comprou a compañía baixo a dirección do director xeral Sir David Brown o seu "salvador da posguerra". A compañía tamén adquiriu Lagonda ese ano polo seu deseño do motor 2.6 litros W. O. Bentley. Ambas empresas compartiron recursos e talleres, dando lugar ao nacemento da serie clásica dos coches "DB". En 1950, a compañía anunciou o DB2, seguido do DB2/4 en 1953, o DB2/4 MkII en 1955, o DB Mark III en 1957 e o estilo italiano 3.7 L DB4 en 1958.
Aínda que estes modelos axudaron a Aston Martin a establecer un bo pedigree de carreiras, o DB4 destacou e deu o famoso DB5 en 1963. A compañía mantívose fiel ó seu emerxente estilo " Grand Touring" co DB6 (1965-1970), e DBS (1967-1972).
Os motores de seis cilindros destes coches desde 1954 ata 1965 foron deseñados por Tadek Marek.
Modelos
Coches de Pre-guerra
1921–1925 Aston Martin Standard Sports 1927–1932 Aston Martin First Series 1929–1932 Aston Martin International 1932–1932 Aston Martin International Le Mans 1932–1934 Aston Martin Le Mans 1933–1934 Aston Martin 12/50 Standard 1934–1936 Aston Martin Mk II 1934–1936 Aston Martin Ulster 1936–1940 Aston Martin 2-litre Speed Models (23 built) The last 8 were fitted with C-type bodywork 1937–1939 Aston Martin 15/98
Coches da posguerra
1948–1950 Aston Martin 2-Litre Sports (DB1) 1950–1953 Aston Martin DB2 1953–1957 Aston Martin DB2/4 1957–1959 Aston Martin DB Mark III 1958–1963 Aston Martin DB4 1961–1963 Aston Martin DB4 GT Zagato 1963–1965 Aston Martin DB5 1965–1966 Aston Martin Short Chassis Volante 1965–1969 Aston Martin DB6 1967–1972 Aston Martin DBS 1969–1989 Aston Martin V8 1977–1989 Aston Martin V8 Vantage 1986–1990 Aston Martin V8 Zagato 1989–1996 Aston Martin Virage/Virage Volante 1989–2000 Aston Martin Virage 1993–2000 Aston Martin Vantage 1996–2000 Aston Martin V8 Coupe/V8 Volante 1993–2003 Aston Martin DB7/DB7 Vantage 2001–2007 Aston Martin V12 Vanquish/Vanquish S 2002–2003 Aston Martin DB7 Zagato 2002–2004 Aston Martin DB AR1 2004–2016 Aston Martin DB9 2005–2018 Aston Martin V8 e V12 Vantage 2007–2012 Aston Martin DBS V12 2009–2012 Aston Martin One-77Images of One-77 an Aston Martin Lagonda Group site 2010–2020 Aston Martin Rapide/Rapide S 2011–2012 Aston Martin Virage/Virage Volante 2011–2013 Aston Martin Cygnet, baseado no Toyota iQ 2012–2013 Aston Martin V12 Zagato 2012–2018 Aston Martin Vanquish/Vanquish Volante 2015–2016 Aston Martin Vulcan 2016–present Aston Martin DB11 2018–present Aston Martin Vantage 2018–present Aston Martin DBS Superleggera 2020–present Aston Martin DBX
Outros
1944 Aston Martin Atom (concept) 1961–1964 Lagonda Rapide 1976–1989 Aston Martin Lagonda 1980 Aston Martin Bulldog (concept) 1993 Lagonda Vignale (concept) 2007 Aston Martin V12 Vantage RS (concept) 2007–2008 Aston Martin V8 Vantage N400 2009 Aston Martin Lagonda SUV (concept) 2010 Aston Martin V12 Vantage Carbon Black Edition 2010 Aston Martin DBS Carbon Black Edition 2013 Aston Martin Rapide Bertone Jet 2+2 (concept) 2013 Aston Martin CC100 Speedster (concept) 2015 Aston Martin DB10 (concept) 2015–2016 Lagonda Taraf 2019 Aston Martin Vanquish Vision (concept) 2019 Aston Martin DBS GT Zagato 2020 Aston Martin V12 Speedster
Modelos actuais
Aston Martin DB11 Aston Martin DBS Superleggera Aston Martin DBX Aston Martin Vantage
Próximos modelos
Aston Martin Valkyrie Aston Martin Valhalla
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Puntos WCC Aston Martin DBR4 Aston Martin L6 ? MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA 0 5º Roy Salvadori Ret 6 6 Ret Carroll Shelby Ret Ret 8 10 Aston Martin DBR4Aston Martin DBR5 Aston Martin L6 ? ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA 0 8º Roy Salvadori NPP Ret Maurice Trintignant 11
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Official Aston Martin Owners Club
Categoría:Aston Martin