A Volta ó Alentexo é unha carreira ciclista por etapas de categoría 2.2 UCI Europe Tour, que se disputa na rexión portuguesa do Alentexo polo mes de xuño.
Creada en 1983, até 2016 téñense disputado 34 edicións desta proba. Cada edición da carreira ten 4 etapas que, polo xeral, teñen un percorrido moi chan. O vencedor adoita ser un corredor dalgunha escapada, pois non hai contra o reloxo, e o propio relevo da xeografía do Alentexo impide que haxa etapas de montaña.
Xerseis Estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións: 30px Camisola amarela: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos. 30px Camisola azul: vestido polo líder da clasificación da montaña. 30px Camisola verde: vestido polo líder da clasificación por puntos. 30px Camisola branca: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
Palmarés Ningún ciclista foi quen de vencer na Volta ó Alentexo en dúas ocasións. Dous galegos acadaron a vitoria, Xesús Blanco Villar en 1991 e David Blanco en 2010. O gañador máis ilustre da carreira foi Miguel Indurain, en 1996. Pódios da Volta ó AlentexoEdiciónsPRIMEIROSegundoTerceiro 2016 Enric Mas Krister Hagen David de la Fuente 2015 Pawel Bernas Delio Fernández James Oram 2014 Carlos Barbero Eduard Prades Karel Hník 2013 Jasper Stuyven Chad Haga Alejandro Marque 2012 Alexey Kunshin Filipe Cardoso Samuel Caldeira 2011 Evaldas Siskevicius Filipe Cardoso Bruno Sancho 2010 David Blanco Alejandro Marque Fabio Silvestre 2009 Maxime Bouet Héctor Guerra Vitaliy Kondrut 2008 Héctor Guerra David Blanco Jackson Rodríguez 2007 Manuel Vázquez Félix Cárdenas Manuel Lloret 2006 Sérgio Ribeiro Daniel Moreno Alexander Efimkin 2005 Xavier Tondo Pedro Miguel Soeiro Sergio Ribeiro 2004 Danail Petrov Joaquim Andrade Joaquim Sampaio 2003 Andrei Zintchenko Paulo Ferreira de Moura Hugo Sabido 2002 Joaquim Andrade David Bernabeu Vladimir Karpets 2001 László Bodrogi Candido Barbosa Andrei Zintchenko 2000 Claus Michael Møller Youri Sourkov Ángel Edo 1999 José Luis Rubiera Melchor Mauri David Plaza 1998 Melchor Mauri Victor Gamito César Solaun 1997 Aitor Garmendia Francisco Javier Mauleón David Cañada 1996 Miguel Indurain Prudencio Indurain David García 1995 Asiate Saitov Pedro Silva Joaquim Andrade 1994 Carlos Carneiro Joaquim Sampaio Joaquim Gomes 1993 Jorge Silva Juan Oliver Martinez Joaquim Andrade 1992 António Pinto Oleg Chuzhda Manuel Cunha 1991 Xesús Blanco Villar Paulo Ferreira Eduardo Manuel Correia 1990 José Recio Delmino Pereira Eduardo Manuel Correia 1989 Fernando Carvalho Marco Chagas José Urea Pulido 1988 Joaquim Gomes Jorge Silva Marco Chagas 1987 Joaquim Salgado José Xavier Manuel Neves 1986 Manuel Zeferino Paulo Ferreira Carlos Marta 1985 Adelino Teixeira Manuel Cunha José Xavier 1984 Marco Chagas Eduardo Correia Firmino Bernardino 1983 Paulo Ferreira Manuel Zeferino Alexandre Ruas
Véxase tamén Ligazóns externas Volta ó Alentexo 2016
Categoría:Probas do UCI Europe Tour Categoría:Competicións de ciclismo de Portugal