Luís Telmo Bernárdez Santomé, máis coñecido como Telmo Bernárdez, nado en Redondela o 11 de abril de 1885 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria Nado na mesma casa que o xeneral Antero Rubín, fillo de Basilio Bernárdez Otero. Foi un dos impulsores do movemento político coñecido como agrarismo, que loitaba contra a opresión e o academento* de solucións formais para os problemas do campesiñado, foi redactor de Nueva Gente (1906) e La Opinión (1909). O 17 de febreiro de 1923 foi elixido alcalde de Redondela, cargo dende o que seguiu a defender posturas agraristas, manténdose no cargo até a instauración do réxime ditatorial de Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro dese mesmo ano, momento no que renunciou ao seu posto. Exerceu tamén de doutor municipal, após ser nomeado oficialmente pola Xunta Municipal do concello de Redondela, o 10 de novembro de 1923. En 1928 pasou a ser vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.

Durante a República foi delegado gobernativo en Redondela, e nas eleccións de 1933 presentouse a deputado pola provincia de Pontevedra, pero non conseguiu escano. En febreiro de 1936 foi nomeado delegado do goberno na Confederación Hidrográfica do Miño e en abril foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Foi Xefe provincial de Izquierda Republicana.

miniatura|esquerda|200px|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 percorreu as rúas de Redondela tranquilizando e convencendo aos veciños de que non opuxeran resistencia. Foi detido o 5 de setembro e encarcerado en Vigo, no campo de concentración da illa de San Simón e Pontevedra. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado a morte, sendo fusilado o 12 de novembro na estrada de Campañó.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6. A súa familia e círculo social foi fortemente represaliado.

Vida persoal Casou con Isabel Gómez Costas; dous dos seus fillos, Telmo e Jesús, mestres, foron depurados e encarcerados; a nai exiliouse en Portugal cos outros fillos José, Pedro, Isabel (tamén mestre), María, Rita e Carmela.Isabel Gómez volta á Terra

Recoñecementos Déronlle o seu nome á rúa José Regojo de Redondela en 1931. En 1979 volvéronlle dedicar unha rúa en Redondela.

O 24 de setembro de 2015 o concello de Redondela nomeou a Telmo Bernárdez coma Persoeiro do ano 2015, a proposta da asociación cultural Alejandro Otero. Así, inaugurouse unha placa conmemorativa na súa vivenda familiar, e realizouse unha exposición monográfica da súa traxectoria na sala de exposicións Multiúsos da Xunqueira.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Anecdotario redondelán

Categoría:Médicos de Redondela Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados