José Antonio Pasillas, nado o 26 de abril de 1976 en Calabasas, no condado dos Ánxeles, é un batería estadounidense coñecido por tocar na banda de rock alternativo Incubus.

José Pasillas é de ascendencia mexicana, e naceu e medrou en Calabasas. Comezou a tocar a batería en 1990, e en 1991 José e os seus amigos Brandon Boyd, Mike Einziger e Dirk Lance (baixista orixinal) formaron Incubus cando estaban no instituto de San Fernando Valley.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Calabasas