240px|miniatura|Bailarinas irlandesas. miniatura|Baile irlandés na cidade de Nova York.|239x239px 240px|miniatura|Bailarinas irlandesas no Día de San Patricio en Fort Collins, Colorado. O baile irlandés ou danza irlandesa é un grupo de bailes tradicionais orixinarios de Irlanda, de entre os que se poden distinguir os bailes populares e os de competición. Forma parte da identidade cultural irlandesa e mantén unha forte proxección internacional, tanto en Irlanda coma nas comunidades da diáspora. A práctica competitiva organízase arredor de certames coñecidos como feiseanna, que se documentan desde o século XIX, e un dos organismos máis influentes na súa regulación contemporánea é An Coimisiún Le Rincí Gaelacha, fundado en 1932.
Características Estes bailes son coñecidos polos seus rápidos e rítmicos movementos de pés mentres que os brazos e o resto do corpo fican estáticos a maior parte do tempo.
Tipos Nos bailes populares tamén se distingue entre o baile céilí e o set dance. O set dance é un baile para catro parellas en disposición de cadrado, mentres que o baile céilí acepta formacións máis variábeis de dúas a dezaseis persoas. Ademais das formacións, hai importantes diferenzas estilísticas entre estas dúas formas de danza popular. A danza popular irlandesa é unha tradición viva, e por este motivo son frecuentes as variacións dependendo da zona xeográfica.
Por outra banda, a meirande parte dos bailes de competición (ou stepdance irlandés) son en solitario, aínda que moitos bailaríns tamén compiten usando o baile céilí. O stepdance en solitario caracterízase polo control do corpo e a precisión dos movementos dos pés. Para este tipo de danza pódense utilizar "zapatos brandos" ou "zapatos duros".
Historia e evolución As formas tradicionais de baile en Irlanda probabelmente se desenvolveron en estreita asociación coa música tradicional irlandesa. Porén, as súas orixes non son claras e hai que ter en conta que foron influenciadas por outras danzas do continente. Estes bailes comezaron a ser ensinados por mestres en toda Irlanda a finais do século XVIII e comezos do XIX. Durante este tempo, os lugares para concursos e feiras eran sempre pequenos e por iso había pouco espazo para a representación dos bailes. Moitas veces mesmo se facían enriba de mesas ou sobre bocois. Pénsase que esta é unha das principais razóns polas que estas danzas se desenvolveron coas mans ríxidas para os lados e cunha gran falta de movemento da metade superior do corpo. Co paso do tempo, os bailes e as competicións comezáronse a facer en espazos meirandes, polo que algúns estilos incluíron máis movemento e desprazamentos polo escenario. Con todo, a explicación da posición ríxida dos brazos unicamente pola falta de espazo non é aceptada de maneira unánime.
A investigación histórica tamén relaciona a consolidación do estilo moderno coa influencia dos mestres de baile e coa codificación e estandarización posterior impulsada durante o rexurdimento cultural irlandés. Unha anécdota ilustra esa reinvención: un dos bailes recollidos de persoas ancianas do sur de Armagh poa Liga Gaélica (Conradh na Gaeilge) coñecido como "Os doces de maio" foi descrito polo profesor Tomás Ó Fairceallaigh (Farrelly) como tuatach (tosca ou torpe) e dixo 'Chuir muidne snas air''' ("Refinámola un pouco"). Logo, a danza foi ensinada nunha aula da Liga Gaélica en Dundalk. Os maiores criticaron esa nova versión e os rapaces dixeron: "Así é como Farrelly a ensinou". A resposta dos vellos foi: "¿Quen raio credes que ensinou a Farrelly?".
O baile irlandés comezou a facerse coñecido de xeito internacional grazas ó espectáculo de danza Riverdance, que se representou no Festival de Eurovisión de 1994, ano no que Irlanda era o país anfitrión, contribuíndo á popularización global do stepdance'' e á súa adaptación a formatos teatrais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Música celta Música irlandesa Música folk Ligazóns externas Irishdancing.com Setdancingnews.net Guía e información para bailaríns principiantes Historia do baile irlandés
Categoría:Baile de Irlanda Categoría:Danza