Inmortals é un filme estadounidense dirixido por Tarsem Singh que se estreou no 2011.
Sinopse Un terrible perigo ameaza ós gregos: enlouquecido polo poder, o brutal rei Hiperión (Mickey Rourke) declarou a guerra ós homes. Despois de reunir a un exército sedento de sangue formado por soldados que el mesmo mandou desfigurar, Hiperión queima Grecia mentres busca unha arma de poder inconcibible: o lendario arco Epiro, feito por Ares no Olimpo. O home que teña ese arco poderá liberar os Titáns, que están encerrados no Tártaro dende o principio dos tempos e claman vinganza. En mans de Hiperión, O arco significaría a destrución da raza humana e a aniquilación dos deuses. Pero, como a lei prohibe que os deuses se entremetan nos conflitos humanos, nada poden facer para deter ó rei. Pero a esperanza renace cando Zeus encomenda ó campesiño Teseo (Henry Cavill) a misión de acabar con Hiperión. Despois de reunir a un grupo de homes entre os que se atopa a visionaria sacerdotisa Fedra (Freida Pinto) e o astuto escravo Stavros (Stephen Dorff), o heroe porase á fronte da rebelión.
Personaxes Henry Cavill como Teseo Stephen Dorff como Stavros Luke Evans como Zeus Isabel Lucas como Atenea Kellan Lutz como Poseidón Freida Pinto como Fedra Mickey Rourke como Rei Hiperión John Hurt como Home vello Joseph Morgan como Lisandro Peter Stebbings como Helios Daniel Sharman como Ares Anne Day-Jones como Etra Greg Bryk como Nicomedes Corey Sevier como Apolo Steve Byers como Hércules Robert Maillet como A besta Romano Orzari como Ícaro Alan Van Sprang como Dareios Stephen McHattie as Casandro Mark Margolis como Novo sacerdote Robert Naylor como Teseo de neno Gage Munroe Acamante
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2011 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Tarsem Singh Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes ambientados na Grecia antiga Categoría:Filmes ambientados en Creta