Llywarch ap Llywelyn (fl. 1173–1220) foi un poeta cortesán galés. Tamén é coñecido polo seu nome bárdico: "Prydydd y Moch".

Llywarch foi poeta na corte de Llywelyn ab Iorwerth e é coñecido por unha serie de awdlau en loanza do seu señor. Son dezanove awdlau (1.318 versos). Compuxo ademais once series de englynion.

Un dos sucesores de Llywarch na corte do reino de Gwynedd foi o poeta Dafydd Benfras.

Véxase tamén

Bibliografía J Lloyd-Jones, 'The Court Poets of the Welsh Princes', Proceedings of the British Academy, 1948 Gwaith Llywarch Ap Llywelyn "Prydydd y Moch", ed. Elin M. Jones e Nerys Ann Jones, Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd (1991).

Ligazóns externas Llywarch ap Llywelyn na Wikisource

Categoría:Poetas galeses medievais